STS-97

STS-97 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 1 de decembro de 2000 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-97
Lanzamento da misión STS-97.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento1 de decembro de 2000, 3:06 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,83 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e provisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso11 de decembro de 2000[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID2000-078A

Características

STS-97, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións. A tripulación estaba formada polo comandante Brent Jett, o piloto Michael Bloomfield e os especialistas de misión Joseph R. Tanner, Marc Garneau e Carlos Noriega. Durante a misión instalouse un panel solar de 65 kW de potencia cunhas dimensións de 72 x 11,4 m no módulo Unity. O Endeavour ransbordador elevou a órbita da estación cos seus propios motores.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de decembro de 2000.[3][5][6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos