STS-96

misión do transbordador espacial Discovery

STS-96 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 27 de maio de 1999 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-96
Lanzamento da misión STS-96.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento27 de maio de 1999, 10:49 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión9,80 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e provisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso6 de xuño de 1999[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1999-030A

Características

STS-96, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións durante o primeiro acoplamento entre un transbordador e a estación. A tripulación, composta polo comandante Kent V. Rominger, o piloto Rick D. Husband e os especialistas de misión Ellen Ochoa, Tamara E. Jernigan, Daniel T. Barry, Julie Payette e Valeri Ivanovich Tokarev, instalou unha grúa denominada Strela, de fabricación rusa, no módulo Zarya e levou a cabo tarefas e instalación de distintos compoñentes. O transbordador elevou a órbita da estación cos seus motores e puxo en órbita un pequeno satélite denominado STARSHINE.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 6 de xuño de 1999.[3][5][6][7]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos