STS-74

misión do transbordador espacial Atlantis

STS-74 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 12 de novembro de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-74
Lanzamento da misión STS-74.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento12 de novembro de 1995, 12:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión8,19 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Mir.[3][6]
Regreso20 de novembro de 1995[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1995-061A

Características

STS-74, con cinco astronautas (Kenneth Cameron, James D. Halsell, Jerry Ross, William S. McArthur e Chris Hadfield) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, intercambiar equipamento e facer experimentos.[3][5][6][7]

A misión foi a segunda na que un transbordador se acoplou á Mir das sete planificadas entre 1995 e 1997. O Atlantis levou ata a estación un módulo específico para o acoplamento dos transbordadores coa estación e dous paneis solares, así como subministracións e diverso equipamento, e levou de regreso a terra mostras de experimentos, equipamento para a súa reparación e análise e produtos fabricados na estación. A bordo tamén ía o instrumento GPP para o estudo da termosfera terrestre, a ionosfera e a mesosfera.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de novembro de 1995.[3][5][6][7]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos