STS-51-C

misión do transbordador espacial Discovery

STS-51-C foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 24 de xaneiro de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-51-C
Lanzamento da misión STS-51-C.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento24 de xaneiro de 1985, 19:50 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión3,06 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita do satélite militar USA 8.[3][6]
Regreso27 de xaneiro de 1985[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1985-010A

Características

STS-51-C, con cinco astronautas a bordo (Thomas Mattingly, Loren Shriver, Ellison Onizuka, James Buchli e Gary Payton), foi a primeira misión militar dun transbordador espacial. Puxo en órbita o satélite militar USA 8 para o Departamento de Defensa dos Estados Unidos.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 27 de xaneiro de 1985.[3][5][6][7]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos