STS-113

misión do transbordador espacial Endeavour

STS-113 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 24 de novembro de 2002 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-113
Misión STS-113 na rampla de lanzamento
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento24 de novembro de 2002, 00:49GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión13,78 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso7 de decembro de 2002[6]
NSSDC ID2002-052A

Características

STS-113, con catro astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Jim Wetherbee, o piloto Paul Lockhart e os especialistas de misión Michael López-Alegría e John Herrington.[3][5][6][7]

Durante a misión estendouse o mastro central da estación coa viga P1, de 13,7 m e 12,5 toneladas e con parte do sistema de control térmico. Para a súa instalación necesitáronse tres paseos espaciais. Durante a misión tamén se transferiron víveres e subministracións do transbordador á estación. Antes de deixar a estación, o 2 de decembro, o transbordador soltou un par de picosatélites unidos por un cable.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 7 de decembro de 2002 despois de tres días de atraso por mal tempo na zona.[3][5][6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos