STS-102

misión do transbordador espacial Discovery

STS-102 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 8 de marzo de 2001 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-102
Lanzamento da misión STS-102
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de marzo de 2001, 11:42 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión12,83 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso21 de marzo de 2001[6]
Sitio de regresoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida[6]
NSSDC ID2001-010A

Características

STS-102, con catro astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante James Wetherbee, o piloto James Kelly e os especialistas de misión Andrew S. W. Thomas e Paul W. Richards. O Discovery acoplouse coa estación o 9 de marzo ás 5:34 UT co obxectivo principal de levar subministracións no módulo multipropósito italiano (MPLM polas súas siglas en inglés, MultiPurpose Logistics Module) Leonardo e traer de volta lixo e equipos averiados ou sen utilidade. O MPLM, un cilindro de 6,4 x 4,6 m aloxado na bodega de carga do Discovery e derivado dos módulos Spacelab, levaba dentro equipamento para facer experimentos. A tripulación fixo algúns paseos espaciais para instalar a plataforma que soportaría o brazo robótico Canadarm 2, que sería levado na misión STS-100.[3][5][6][7]

O Discovery aterrou no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 21 de marzo de 2001.[3][5][6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos