S/2003 J 2

S/2003 J 2 é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard e David C. Jewitt, o anuncio do seu descubrimento foi o 4 de marzo do 2003.[1][2] A ano 2006, está lúa era e é a lúa máis afastada de Xúpiter.

S/2003 J 2 ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 29,54 millóns de kms, tarda 981,55 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 154° con respecto á eclíptica (152° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2255.[3][4][5] Esta lúa semella pertencer a un grupo propio, onde de momento, ela é a única integrante, cun eixo semi-maior de ~30 Gm e unha inclinación que rolda os ~160°.[4]

Os límites da influencia gravitacional de Xúpiter veñen definidos pola esfera de Hill, e o seu raio (no caso de Xúpiter) e duns 52 Gm. Pénsase que as lúas retrógradas con eixos máis grandes co 67% do raio de Hill son estables, polo cal é posible que aínda queden por descubrir máis de Xúpiter que estean aínda máis afastadas do planeta cá propia S/2003 J 2.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos