Rosalía (cantante)

artista española

Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires (provincia de Barcelona) o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española.[1][2]

Infotaula de personaRosalía

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Rosalía Vila Tobella Editar o valor em Wikidata
25 de setembro de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Sant Esteve Sesrovires, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRosalía
la Rosalía Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Superior de Música de Catalunya Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautora , actriz , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoPop latino, Flamenco, novo flamenco (pt) Traducir, Latin R&B (en) Traducir, Reggaeton e folk Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano lírico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz, palmas (en) Traducir, piano e guitarra Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoColumbia Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaJeremy Allen White (2023–)
Rauw Alejandro (2019–2023)
Hunter Schafer (2019–2019)
C. Tangana (2016–2018) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Páxina webrosalia.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm8837492 Allocine: 864363 Rottentomatoes: celebrity/rosalia Allmovie: p913193 Metacritic: person/rosalia
Facebook: rosalia.vt Twitter: rosalia Instagram: rosalia.vt Youtube: UCQt9awGIFZeldFsATZNeJag TikTok: rosalia BNE: XX5730190 Souncloud: rosaliaofficial Spotify: 7ltDVBr6mKbRvohxheJ9h1 iTunes: 313845115 Last fm: ROSALÍA Musicbrainz: 25f3abd9-63b5-471a-bd25-feb9672dfa11 Songkick: 786955 Discogs: 5648334 Allmusic: mn0003596740 Deezer: 554792 Genius: Rosalia Editar o valor em Wikidata

En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo.[3] A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.[4]

Traxectoria

Comezos

Nada en Sant Esteve Sesrovires,[5][6][7] seus avós paternos eran un galego e unha onubense, mentres que seu pai naceu en Cudillero, Asturias, e súa nai é catalá.[8][9]

Comezou na música a cantar con sete anos, animada por seu pai.[10] Aos dez anos comezou a especializarse na música, concentrándose plenamente nela con trece. Estudou na Escola Superior de Música de Cataluña[11] onde recibiu clases de Chiqui de La Línea, un profesor de flamenco que só aceptaba un alumno por ano.

Aos 15 anos preséntase ao programa televisivo Tú sí que vales aínda que non foi seleccionada.[12] Traballou a dúo con Juan Gómez "Chicuelo" no Festival internacional de Cine de Panamá no 2013, e no Festival Grec de Barcelona para a obra de baile contemporáneo De Carmen. En 2013 participou na Association of Performing Arts Professionals (APAP) Conference en Nova York e foi a voz solista na obra de culminación "Año Espriu 2014" no Palacio da Música.

En 2015 colaborou con La Fura dels Baus nun espectáculo estreado en Singapur. Foi abreconcertos de Miguel Poveda, acompañada por Alfredo Lagos, no Festival internacional de música de Cadaqués, e tamén estivo no Festival de Xerez da Fronteira de 2016.

Traballou con Rocío Márquez na presentación do seu disco El niño no festival Primavera Sound en 2015.

Los Ángeles (2016-2017)

En 2016, estreou o seu primeiro videoclip "Catalina", no entanto foi borrado e publicado de novo a comezos de 2017. En febreiro de 2017 publicou o seu primeiro álbum Los Ángeles, un proxecto conxunto co produtor e músico Raül Refree, co que comezou a darse a coñecer no panorama musical español e latino, sendo nomeada á mellor artista nova nos Premios Grammy Latinos 2017 e considerado por diferentes medios de comunicación como un dos mellores discos do ano.[13] [14] [15] [16]

En maio de 2017, publicou "De plata" na plataforma de YouTube, pertencente ao seu álbum debut. En novembro de 2017 saca, xunto a Raül Refree, o sinxelo "Aunque es de noche", versión dunha canción de Enrique Morente.

El mal querer (2018)

Rosalía xunto a Raül Refree nun concerto en Madrid (2017).

En 2018, tras estrear unha serie de vídeos no seu canal de YouTube, presentou o seu novo proxecto discográfico titulado El mal querer, o cal é coproducido xunto a El Guincho, que tamén participa na composición dalgúns temas.

El mal querer xorde como a súa "tese", o seu "proxecto de final de carreira" para completar o Título Superior de Flamenco na Escola Superior de Música de Cataluña. Ela mesma refire que "pensaba en desenvolver sobre todo un concepto de directo partindo dun marco flamenco, pero que non tivera nada que ver con un espectáculo tradicional de flamenco".[17] Presentado como álbum experimental e conceptual, que xira arredor dunha relación tóxica, inspírase nunha novela anónima en occitano do século XIII titulada Flamenca.[18] O 30 de maio de 2018, estreou o seu primeiro sinxelo deste segundo disco titulado "Malamente" . O 24 de xullo estreou o segundo sinxelo, "Pienso en tu mirá". Finalmente durante o mes de agosto Rosalía anunciou mediante as súas redes sociais e dende un anuncio en Times Square que o álbum se publicaría o 2 de novembro de 2018.

O 29 de outubro de 2018, a cantante anunciou a publicación do seu terceiro sinxelo do albúm, "Di mi nombre", composto en base a melodías tradicionais de tangos da Repompa de Málaga e un vídeo inspirado en La maja vestida de Francisco de Goya, que se estreou o 30 de outubro de 2018. O 31 de outubro fixo un concerto gratuíto, patrocinado por Red Bull na Praza de Colón (Madrid), onde presentou aos asistentes o seu novo álbum dous días antes da súa publicación.

En 2018 actuou tamén no Starlite Festival, en Hollywood Bowl, en LOS40 Music Awards, nos MTV EMA (MTV European Music Awards) e nos Grammy Latinos, entre outros lugares.

O 2 de novembro finalmente publicou o seu álbum ao completo en diversas plataformas dixitais. O 4 de decembro estreou o videoclip de "Bagdad" capítulo 7 do álbum, onde samplea parte da melodía de "Cry Me A River", de Justin Timberlake.

Durante ese mesmo ano produciuse unha polémica, sobre todo nas redes sociais, cando unha usuaria xitana de Twitter, Noelia Cortés, criticou o uso de elementos da cultura xitana como o flamenco ou a fala con acento andaluz cando ela nin é andaluza nin xitana, nin viviu en Andalucía e lle achacaba unha "apropiación cultural" na que se pretende lanzar un produto asimilable polo mercado cultural.[19]

2019

O 22 de xaneiro publicou o videoclip de "De Aquí No Sales" capítulo 4 do álbum El mal querer. Rodado na paisaxe quijotesca dos muíños de Álcazar de San Juan. En febreiro participou no Premios Goya interpretando unha versión da canción "Me quedo contigo" de Los Chunguitos, acompañada polo Cor Jove de l´Orfeó Catalá.[20] O 28 de marzo publicou o videoclip de "Con Altura" (sinxelo a parte de El mal querer) xunto con J Balvin e en colaboración con El Guincho (coprodutor de El mal querer).

Discografía

Álbums

  • 2017: Los Ángeles, con Raül Refree
  • 2018: El mal querer
  • 2022: Motomami

Sinxelos

Sinxelos promocionais

  • 2018: «Malamente - Cap.1: Augurio», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical dirixido e producido por CANADA
  • 2018: «Pienso en tu mirá - Cap.3: Celos», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical dirixido e producido por CANADA
  • 2018: «Di mi nombre - Cap.8: Éxtasis», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical producido por CAVIAR e dirixido por Henry Scholfield.
  • 2018: «Bagdad - Cap.7: Liturgia», producida por El Guincho y Rosalía, vídeo musical producido por DIVISION e dirixido por Helmi.
  • 2019: «De aquí no sales- Cap.4: Disputa», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical producido por O Creative Studio e dirixido por Diana Kunst e Mau Morgo.

Colaboracións

  • Antes de morirme C. Tangana e Rosalía (2016)
  • Llámame más tarde, C. Tangana e Rosalía (2016)
  • Con la peña. Cálido Lehamo, Rosalía e Space Out Family (2017)
  • Retsu, Dj Swet, Foyone, Ihon e Rosalía (2017)
  • Un largo viaje, Fernando Vacas, Lín Cortés, Rosalía e Vallellano & The Royal Gipsy Orchestra (2018)
  • Brillo, J Balvin e Rosalía (2018)
  • Ay, Paquita, banda sonora da serie de Netflix, Paquita Salas (2018)
  • Con Altura J Balvin, El Guincho e Rosalía (2019)
  • Barefoot In The Park James Blake e Rosalía (2019)
  • Me Traicionaste, A. Chal e Rosalía (2019)
  • Linda. Rosalía e Tokischa (2021)
  • La combi versace. Rosalía e Tokischa (2022)

Filmografía

Premios e recoñecementos

Premios Grammy Latino

AnoCategoríaTraballoResultado
2018Gravación do ano"Malamente"Nomeada
Canción do anoNomeada
Mellor fusión/interpretación urbana[22]Gañadora
Mellor canción alternativa[23]Gañadora
Mellor vídeo musical versión curtaNomeada
2017Mellor novo artistaNomeada

MTV Europe Music Awards

AnoCategoríaTraballoResultado
2018Mellor artista españolNomeada

Outros

  • Premio Ruido 2019, polo disco El mal querer que o recoñece como o mellor disco editado en 2018.[24]
  • El Ojo Crítico de RNE, Premio El Ojo Crítico de Música Moderna 2017[25]
  • Premio Ruido de la Prensa, premio ao mellor disco español de 2017[26]
  • Glamour, premio á artista do ano 2017
  • Rockdelux, mellor vídeo, mellor disco, mellor artista de 2017
  • Timeout, premio ao mellor disco de 2017[27]
  • ABC, mellor disco nacional de 2017[28]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas