Roland Møller

actor danés

Roland Greisen Moller, nado en 1972 en Odense, é un actor, compositor, profesor e comentarista social[1] danés. Gañou en 2016 o premio Bodil ao mellor actor pola película Under sandet.

Infotaula de personaRoland Møller

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Odense, Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm3435612 Allocine: 535384 Allmovie: p653537 BNE: XX5646776 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

No ano 2000, apareceu como rapeiro na banda sonora da película infantil Mirakel baixo o sobrenome artístico de Dappa Don, xunto con Den Gale Pose, Szhirley e L. O. C. coa canción "Generation W", que posteriormente apareceu no álbum de Den Gale Pose Definitionen af en stodder  (2001).

Roland Møller medrara no ambiente criminal de Odense e estivera na cadea varias veces ata 2002, totalizando catro anos e medio de condena por dez atracos[2]. Aparece semanalmente no programa Politiradio de Radio24Syv, onde adoita falar sobre o crime e o castigo, en especial dirixíndose a mozos que están en risco de entrar no mundo da delincuencia[3].

Carreira cinematográfica

Tras a súa derradeira estada na prisión de Horsens en 2002 logrou un contrato como compositor do rapeiro Jokeren, entrando en contacto coa industria cinematográfica[4][5]. En 2006 escribiu a canción "De frie købmænd"  de Jokeren e Mark Linn para a película Fidibus.

O seu debut cinematográfico foi en 2010 co drama carcerario R dirixido por Tobias Lindholm e Michael Noer. Dous anos despois, dirixiuno de novo Lindholm no multipremiado Kapringen. Pola súa interpretación en Nordvest de Michael Noer logrou o premio Bodil ao mellor actor secundario. O seu primeiro papel protagonista foi en Under sandet, interpretando ao sarxento Rasmussen, co que logrou ao premio Bodil ao mellor actor.

Filmografía

FilmePapelData
RMureren2012
KapringenJan Sørensen2013
NordvestBjørn2013
For det fælles bedsteKok2014
Skammerens DatterHannes, våbenmesterens assistent2015
Under sandetSgt. Carl Leopold Rasmussen2015
En chance tilMand på klub2015
UndercoverMick2016
Atomic BlondeBremovych2017
UnderverdenClaus2017
PapillonCelier2017
The CommuterJackson2018

Notas