Rodolfo Rodríguez

futbolista uruguaio

Rodolfo Sergio Rodríguez Rodríguez, nado o 20 de xaneiro de 1956 en Montevideo, é un exfutbolista uruguaio. Xogaba na posición de porteiro e foi internacional coa selección uruguaia, sendo o xogador que máis veces vestiu a camisola nacional.

Rodolfo Rodríguez
Información persoal
NomeRodolfo Sergio Rodríguez Rodríguez
Nacemento20 de xaneiro de 1956 (68 anos)
Lugar de nacementoMontevideo
Altura1,87 m.
PosiciónPorteiro
Carreira xuvenil
1971–1976Cerro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1976Cerro
1976–1984Nacional
1984–1988Santos
1988–1989Sporting Lisboa
1990–1992Portuguesa
1992–1994Bahia
Selección nacional
1976–1986Uruguai79(0)
Na rede
FIFA: 181137 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Comezou a súa carreira en Cerro en 1971, sendo transferido a Nacional en 1976. No equipo do Parque Central Rodríguez xogou até 1984, obtendo o Campionato Uruguaio de Fútbol de 1977, 1980 e 1983, a Copa Liberadores 1980 e a Copa Intercontinental de 1980, consagrándose como un dos mellores porteiros da historia do equipo tricolor.

En 1984, Rodríguez foi vendido ao Santos do Brasil, club co que gañou o Campionato Paulista de 1984. Permaneceu no equipo de Pelé até 1987, converténdose nun dos grandes ídolos da afección. En 1986 foi convocado para xogar na súa selección o Mundial de México 1986, pero unha grave lesión na xira previa deixouno sen disputar o Mundial.

En 1987 Rodríguez pasa a xogar no fútbol europeo, máis precisamente no Sporting de Lisboa, club no que estivo até 1989. En 1990, Rodríguez retorna ao Brasil para xogar en Portuguesa, e en 1992 firma co Bahia, equipo co que gaña o Campionato Baiano en 1993 e no ano do seu retiro do fútbol, 1994.

Selección nacional

Coa selección celeste, gañou a Copa de Ouro en 1980, e a Copa América de 1983. Formou parte do cadro uruguaio que disputou a Copa Mundial de Fútbol de 1986, pero non puido xogar ningún partido, por estar lesionado. Rodolfo Rodríguez é o futbolista con máis presenzas na selección de fútbol do Uruguai ao disputar 78 encontros, recibindo 69 goles.

Participaciones en Copa América

CopaSedeResultadoPX (G)
Copa América 1979Sen sede fixaPrimeira fase4 (-5)
Copa América 1983Sen sede fixaCampión8 (-6)

Palmarés

Campionatos rexionais

TítuloClubPaísAno
Campionato PaulistaSantosBrasil1984
Campionato BaianoBahiaBrasil1993

Campionatos nacionais

TítuloClubPaísAno
Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1977
Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1980
Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1983

Copas internacionais

TítuloClubPaísAno
Suramericano Sub-20Selección xuvenil do Uruguai1975
Copa LibertadoresNacionalUruguai1980
Copa IntercontinentalNacionalUruguai1980
Copa de OuroSelección de fútbol do Uruguai1980
Copa AméricaSelección de fútbol do Uruguai1983