Richie Ginther

Paul Richard "Richie" Ginther, nado o 5 de agosto de 1930 no barrio de Granada Hills,[1] (Os Ánxeles), e finado o 20 de setembro de 1989 en Francia, foi un piloto de carreiras dos Estados Unidos. Durante a súa variada carreira, Ginther gañou o Gran Premio de México de 1965 a primeira vitoria de Honda nun Gran Premio, unha vitoria que tamén resultaría ser a única vitoria de Ginther na Fórmula 1. Ginther competiu en 54 carreiras do Campionato do Mundo de Fórmula Un, e moitas outras carreiras de F1 fora do campionato.

Infotaula de personaRichie Ginther

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1930 Editar o valor em Wikidata
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte20 de setembro de 1989 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Bordeos, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata
Premios

Inicios

Richie Ginther criouse na mesma cidade californiana do futuro campión do mundo de Fórmula Un Phil Hill, e foi a través de Hill, amigo do irmán máis vello de Ginther, que Richie Ginther correu a primeira carreira.[2] Logo de terminar a escola, en 1948 Richie Ginther seguiu os pasos do seu pai e foise a traballar para Douglas Aircraft, inicialmente no almacén de ferramentas e matrices. No seu tempo libre axudáballe a Phill Hill a reparar, manter e correr coa súa colección de coches antigos e hot rods,[3] cando a carreira de Hill comezou a coller pulo. Ginther fixo o seu propio debut en Pebble Beach en 1951, pilotando un deportivo MG tipo T con motor Ford.[4]

Con todo, a carreira de Ginther suspendeuse pouco despois durante dous anos debido ao servizo militar durante a Guerra de Corea. Durante este tempo adquiriu formación e experiencia en aeronaves e motores mecánicos, habilidades as que máis tarde deu un bo uso durante a súa carreira como piloto.

Fórmula Un

Ferrari

Ginther fixo o seu debut na F1 no Gran Premio de Mónaco de 1960 con Ferrari, con quen quedou ata a tempada de 1961. En setembro no Gran Premio de Italia de 1960 en Monza quedou segundo tras Phil Hill. Ginther liderou desde o inicio ata a volta 25, cando Hill pasouno e liderou ata o final.[5]

En 1961 Ginther era o 3º piloto de Ferrari, detrás do 1º Wolfgang von Trips e o 2º Hill. Giancarlo Baghetti pilotaba o 4º coche. O director do equipo era Romulo Tavoni.[6]

O 14 de maio de 1961, Ginther terminou segundo tras Stirling Moss no Gran Premio de Mónaco de 1961, só a 3´6 segundos por detrás, uns poucos metros.Pilotaba o novo Ferrari con motor traseiro.[7] Ginther clasificouse en primeiro lugar, por diante de Hill, cunha velocidade media de 113´8 km/h, e un tempo de clasificación de 1:39.3. Que eclipsou a marca anterior de 1:39.6 .[8]

En agosto de 1961 Ginther e Baghetti foron compañeiros de equipo no Gran Premio de Pescara. O seu Ferrari lideraba na décima volta, cando se detivo nun tramo recto cunha roda picada.[9] Ginther fixo unha velocidade media de máis de 214 km/h nos 10 km. do Autodromo Nazionale Monza en setembro de 1961, para liderar o primeiro día da clasificación para o Gran Premio de Italia de 1961.[10] Von Trips cualificado primeirocon Ginther na terceira posición de partida detrás de Ricardo Rodríguez.[11] Ginther retirouse da carreira. Von Trips morreu nun espectacular accidente nasegunda volta, no que tamén morreron once espectadores.[12]Algúns dos que resultaron feridos, finalmente sucumbiron, resultaron un total de quince mortes. O equipo Ferrari deixou a competición ata o 1 de xaneiro de 1962 como unha mostra de respecto a Von Trips.[13]

BRM e Honda

En 1962 pasou ao equipo británico BRM para competir xunto a Graham Hill, o máis destacado foi o terceiro lugar no Campionato Mundial de 1963 detrás de Hill. Anotou máis puntos que o seu compañeiro de equipo en toda a tempada, pero só contaban as seis mellores puntuacións para o campionato.

A súa reputación como un sólido "corredor de equipo" e un excelente piloto de probas e desenvolvemento valeulle unha invitación para unirse ao equipo Honda en 1965 co que logrou a súa primeira e única vitoria nun GP no Gran Premio de México de 1965. O triunfo tamén foi o primeiro para Honda na Fórmula 1. Ginther fixo 151´7 km/h sobre a revirada pista de 5 km. nas 65 voltas na carreira de Cidade de México. A súa velocidade eclipsou a marca anterior de 150´185 km/h establecido por Dan Gurney en 1964. Tamén foi a primeira vez que Honda participou no Gran Premio de México.[14] Honda volveu a participar na competencia internacional no Gran Premio de Italia de 1966. O equipo Honda so tiña tres anos e atopouse con dificultades na preparación dun motor máis grande. Ginther lideraba en Italia antes de que o seu coche estrelarase contra un muro de contención e rompeuse a clavícula.[15]

Ginther gañou 1 carreira, logrou 14 podios, e anotou un total de 107 puntos nos campionatos que participou.

El apareceu nun papel sen acreditar na película de 1966 Grand Prix como John Hogarth, un piloto do equipo xaponés "Yamura". Tamén actuou como un dos asesores técnicos da película.

Ao facer un intento para cualificar para as 500 Millas de Indianápolis de 1967, Ginther decidiu que xa era suficiente e afastouse das carreiras. A Ginther rompéuselle unha tubaria de combustible no seu Indy All-American Eagle que rociouno cunha mestura de etanol e gasolina. Esta experiencia, xunto co recordo de queimarse antes, levou a súa retirada repentina.[16]

Ginther tamén participou nun Porsche 911 con outros dous pilotos americanos durante a 39ª edición das 24 Horas de Le Mans, en xuño de 1971.[17]

Morte

Richie Ginther morreu dun ataque ao corazón mentres estaba de vacacións coa súa familia en Francia o 20 de setembro de 1989.

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor1234567891011Pos.Pts.[18]
1960Scuderia FerrariFerrari 246PFerrariARXMON
6
5008
Ferrari Dino 246NED
6
BELGBRPORITA
2
USA
Reventlow Automobiles IncScarab Type 1ScarabFRA
NTS
1961Scuderia FerrariFerrari 156FerrariMON
2
NED
5
BEL
3
FRA
Ret
GBR
3
ALE
8
ITA
Ret
USA
NCG
16
1962Owen Racing OrganisationBRM P48/57BRMNED
Ret
MON
Ret
10
BRM P57BRMBEL
13
FRA
3
GBR
13
ALE
8
ITA
2
USA
Ret
RSA
7
1963Owen Racing OrganisationBRM P57BRMMON
2
BEL
4
NED
5
FRA
Ret
GBR
4
ALE
3
ITA
2
USA
2
MEX
3
RSA
Ret
29 (34)
1964Owen Racing OrganisationBRM P261BRMMON
2
NED
11
BEL
4
FRA
5
GBR
8
ALE
7
AUT
2
ITA
4
USA
4
MEX
8
23
1965Honda R&D CoHonda RA272HondaRSAMON
Ret
BEL
6
FRA
Ret
GBR
Ret
NED
6
ALEITA
Ret
USA
7
MEX
1
11
1966Cooper Car CompanyCooper T81MaseratiMON
Ret
BEL
5
FRAGBRNEDALE11º5
Honda R&D CoHonda RA273HondaITA
Ret
USA
NC
MEX
4
1967Anglo American RacersEagle Mk1WeslakeRSAMON
NSC
NC0
Advance Muffler/Bruce BrommeNED
NCG
BELFRAGBRALECANITAUSAMEX

Resultados en carreiras non de campionato

(Chave) (Carreiras en letra grosa indican pole position)(Carreiras en italica indican volta rápida)

AnoEquipoChasisMotor123456789101112131415161718192021
1960Scuderia FerrariFerrari 246Ferrari V6GLVINTSIL
9
LOMOUL
1961Scuderia FerrariFerrari 156FerrariLOMGLVPAUBRXVIEAINSYR
WD
NAPLONSILSOLKANDANMODFLGOULLEWVALRANNATRSA
1962Owen Racing OrganisationBRM P578BRMCAPBRXLOM
WD
LAVGLV
10
PAUAIN
Ret
INT
Ret
NAPMALCLPRMS
Ret
SOLKANMEDDANOUL
Ret
MEXRAN
15
NAT
3
1963Owen Racing OrganisationBRM P578BRMLOM
5
GLV
Ret
PAUIMOSYRAIN
4
INT
Ret
ROMSOLKANMEDAUTOUL
2
RAN
1964Owen Racing OrganisationBRM P261BRMDMT
WD
NWTSYRAIN
NTS
INT
WD
SOLMEDRAN
1966Stirling Moss Racing TeamBRPBRM V8RSA
Ret
SYR
Cooper Car CompanyCooper T81MaseratiINT
Ret
OUL
1967Anglo American RacersEagle Mk1WeslakeROC
10
SPCINTSYROULESP

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas