Ricardo Costoya Núñez
comerciante e político galego
Ricardo Costoya Núñez, finado en Arzúa o 3 de maio de 1955, foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 3 de maio de 1955 Arzúa, España |
Alcalde de Arzúa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , político |
Traxectoria
Comerciante de tecidos en Arzúa. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Arzúa. Membro da Unión Patriótica,[1] foi nomeado alcalde de Arzúa en 1927. En 1930 instalou o primeiro cine de Arzúa, o Cine Costoya.[2] Na República foi membro da Junta de Partido da Unión Regional de Derechas polo concello de Arzúa,[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Arzúa en 1942, permanecendo no posto ata o ano seguinte. Finou en Arzúa o 3 de maio de 1955.[4]
Predecesor: Emilio Pereiro Quiroga | Alcalde de Arzúa 1927 - 1929 | Sucesor: Jaime García Eiras |
Predecesor: César Rodríguez Carril | Alcalde de Arzúa 1942 - 1943 | Sucesor: Francisco García |
Vida persoal
Casou con María García González en 1917,[5] e foi pai de Julio, Ricardo, José, Benjamín, Ana María, Enrique, Manuel, Cesáreo e Ernesto Costoya García.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Lanero Táboas, Daniel (2006). Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa: Concello. ISBN 84-606-4054-X.
- Lanero Táboas, Daniel (2008). "Unha aproximación á conformación dos poderes locais en Galicia. Arzúa entre a II República e a protoinstitucionalización do réxime franquista (1931-1937)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 171–194. ISBN 978-84-9887-000-8.
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5