Ricardo Bodenlle Corral
sacerdote e escritor galego
Ricardo Bodenlle Corral, nado en Santa Cristina (Cospeito) o 22 de marzo de 1886 e finado en Castro de Rei o 24 de xaneiro de 1967, foi un sacerdote e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1886 ![]() Santa Cristina, España ![]() |
Morte | 24 de xaneiro de 1967 ![]() San Xiao de Mos, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , escritor ![]() |
Traxectoria
Estudou no Seminario de Mondoñedo. Foi ordenado sacerdote o 19 de decembro de 1914. En 1915 foi nomeado capelán das Hermanas de los Pobres de Ferrol. Entre 1917 e 1924 deu clases en colexios de Ferrol. En agosto de 1924 foi nomeado párroco de San Xiao de Mos e do seu anexo Sobrada de Aguiar e foi arcipreste da Terra Chá, permanecendo nese posto ata a súa xubilación en 1966. Finou en San Xiao de Mos o 24 de xaneiro de 1967.[1]
Publicou en Lugo en 1953 El Bien y el Mal. Verdades en verso, con poemas en galego e castelán.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Villares Mouteira, Félix (1997). Os poetas do Seminario de Mondoñedo. Lugo: Deputación Provincial de Lugo. pp. 181–195. ISBN 84-8192-100-9.
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5