Ricardo Boán

arquitecto galego

Ricardo Boán Callejas, nado na Habana o 6 de xullo de 1879 e finado na Coruña o 12 de decembro de 1915, foi un arquitecto de orixe cubana.

Infotaula de personaRicardo Boán
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1879 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 1915 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsÓscar Boán Callejas Editar o valor em Wikidata
Edificio na rúa de San Nicolao da Coruña, de Ricardo Boán.

Traxectoria

Boán naceu na Habana, fillo do capitán de cabalería Ricardo Boán, natural de Guantánamo, e de María Dolores Callejas Becerra, da Habana.[1] A familia tivo que trasladarse a Madrid en 1884 por mor da guerra de independencia cubana. Nesa cidade estudou arquitectura, licenciándose en 1905.[2]

Trasladouse á Coruña, onde foi o introdutor xunto con Antonio López Hernández do modernismo na cidade a partir de 1906.[3] O 7 de decembro de 1906 foi nomeado arquitecto municipal interino de Lugo,[2] posto que ocupou ata o 25 de xuño de 1907.[1]

Posteriormente ocupou as praza de arquitecto de Facenda en Lugo e desde abril de 1911 ata a súa morte a de arquitecto auxiliar da Coruña.[1] Faleceu por tuberculose o 12 de decembro de 1915.[4][5][6]

Obras

Entre as súas obras destacan os edificios da rúa de San Nicolao 11-13 e da rúa da Barreira 23-25[7] e a Casa Solla, en Santo André 100.

Familia

Casou con Mercedes Núñez Calderón o 20 de marzo de 1911.[1]

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía