Rhinopithecus strykeri
Rhinopithecus strykeri é unha especie de primates catarrinos da familia dos cercopitécidos orixinaria do norte de Birmania e a zona adxacente de China. A especie foi descuberta en 2010 e estudada polo equipo dixido por Geissmann.[1] [2] O nome da especie foi escollido en homenaxe ao filántropo Jon Stryker. Estímase que a poboación coñecida está formada por 260-330 individuos.
Rhinopithecus strykeri | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
![]() Mapa de localización das poboacions de Rhinopithecus strykeri |
Aínda que as primeiras análises centráronse nun cranio, en 2012 chegaron a rexistrarse imaxes dalgúns individuos.[3]
A choiva supostamente fai que esbirre debido á curta pel arredor do seu fociño empinado. A xente da zona informa de que se senta coa cabeza dirixida cara a abaixo, agochando a cara entre os xeonllos cando chove, seguramente para protexer o nariz da entrada de auga.[4]
Aínda que a especie é nova para a ciencia, non o é para os cazadores da zona, que lle chaman "nwoah mey" ou "mono coa cara volta cara arriba", en dialecto local. Este mono está ameazado pola desaparición do seu hábitat natural e pola caza.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- "Myanmar Snub-nosed Monkey.Rhinopithecus strykeri". IUCN Red List of Threatened Species. Consultado o 2019-04-05.(en inglés)
![]() | Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |