Reticulum

Reticulum ou Retículo,[1] é unha das menores constelacións austrais. Foi inserida nos comezos do século XVII polo astrónomo Isaac Habrecht, que lle dou de nome Rhombus.[2]. Máis tarde sería renomeada por Nicolas Louis de Lacaille para conmemora-lo retículo, que foi un instrumento científico usado para medi-la posición das estrelas.

Reticulum
Reticulum
Nome latinoReticula
AbreviaturaRet
XenitivoReticuli
SimboloxíaO Retículo
Ascensión recta4 h
Declinación−60°
Área114 graos cadrados

Rango 82º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

4
Estrela máis brillanteα Reticuli

(magnitude ap. 3,4)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +23° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xaneiro

Mitoloxía

Dado que foi inserida no século XVII, non hai mitoloxía asociada a esta constelación.

Obxectos Notables

  • Epsilon Reticuli ten un planeta extrasolar.
  • ζ Reticuli é unha estrela binaria que pode ser vista a simple vista, as súas compoñentes son semellantes ó Sol. Esta estrela binaria gañou notoriedade por se-lo presunto fogar dunha civilización extraterrestre que Betty e Barney Hill alegaron na súa presunta abdución (Abdución de Betty e Barney Hill - en inglés -). Pode que a consecuencia disto, esta estrela fose escollida coma a localización (ficticia) do filme Alien.

Estrelas

Estrelas con designación de Bayer:
α Ret 3,33; β Ret 3,84; γ Ret 4,48; δ Ret 4,56; ε Ret 4,44; ζ1 Ret, ζ2 Ret 5.53, 5,24 – double; nearby; θ Ret 5,88; η Ret 5,24; ι Ret 4,97; κ Ret 4,71

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas