René Primevère Lesson
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1794 ![]() Rochefort, Francia ![]() |
Morte | 28 de abril de 1849 ![]() Rochefort, Francia ![]() |
Catedrático | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Educación | École de médecine navale de Rochefort ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía e medicina ![]() |
Ocupación | médico , farmacéutico , botánico , cirurxián , ornitólogo , explorador , zoólogo , naturalista ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | R.Lesson ![]() |
Abreviatura do autor en zooloxía | Lesson ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Marie Clémence Lesson |
Fillos | Anais Lesson (pt) ![]() ![]() |
Irmáns | Pierre Adolphe Lesson (pt) ![]() ![]() |
Parentes | Zoë ° Dumont (cuñada) ![]() |
Premios | |
![]() |
René Primevère Lesson, nado o 20 de marzo de 1794 e Rochefort, Charente Marítimo, Poitou-Charentes (Francia) e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1849, foi un cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés.
Fixo os seus primeiros estudosa en Rochefort e, aos dezaseis anos, entrou na Escola Médica Naval. Serviu na armada francesa durante as Guerras napoleónicas, e en 1811 era o terceiro cirurxián na fragata Saal e, en 1813, segundo cirurxián na Regulus.
Participou na viaxe de circunnavegación da La Coquille (1822-1825), onde era o cirurxián do buque, e foi o responsábel, xunto ao seu compañeiro e tamén cirurxián Prospere Garnot, de coleccionar os espécimes de Historia Natural nesta viaxe. Foi o primeiro naturalista que viu vivas as aves do paraíso nas Molucas e en Nova Guinea.
Ao regresar a París pasou sete anos preparando a sección zoolóxica de vertebrados da expedición realizada, Voyage au tour du monde sur La Coquille (1826-39). Durante este tempo escribiu tamén os traballos Manuel d'Ornithologie (1828), Traité d'Ornithologie (1831), Centurie Zoologique (1830-32) e Illustrations de Zoologie (1832-35). Tamén redactou varias monografías sobre os colibrís e un libro sobre as aves do paraíso.
Publicou, en dos volumes, a obra Manuel d'Histoire Naturelle Médicale et de Pharmacologie (1833), sobre as súas experiencias como cirurxián a bordo, como un manual para os cirurxiáns navais.
En 1832 Lesson era o farmacéutico en xefe da armada francesa en Rochefort.
Describiu, entre outros, o xénero Vultur que comprende o Vultur gryphus o cóndor dos Andes, e, entre outras, a especie Balaenoptera borealis, o rorcual boreal.
A abreviatura Lesson emprégase para designar a René Primevère Lesson como autoridade na descrición e nomenclatura de especies en zooloxía.
1Raymond Duguy é un cetólogo francés que traballou nos anos 1970 e ss. no Centro de Estudos de Mamíferos Mariños (CEMM), organismo dependente do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, descentralizado naqueles anos na Rochelle.