Rauw Alejandro

cantante portorriqueño

Raúl Alejandro Ocasio Ruiz, nado en San Xoán o 10 de xaneiro de 1993, máis coñecido polo seu nome artístico Rauw Alejandro, é un cantautor, bailarín e produtor discográfico portorriqueño.[1]

Infotaula de personaRauw Alejandro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Raúl Alejandro Ocasio Ruiz Editar o valor em Wikidata
10 de xaneiro de 1993 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
San Xoán (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRauw Alejandro Editar o valor em Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , bailarín , compositor de cancións , produtor musical Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoR&B contemporáneo, música urbana, Latin R&B (en) Traducir, Reggaeton, Latin trap (pt) Traducir e pop latino Editar o valor em Wikidata
LinguaCastelán portorriqueño e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music Latin Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaRosalía (2019–2023) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webrauwalejandro.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm10282885 Rottentomatoes: celebrity/rauw_alejandro
Facebook: rauwalejandro Twitter: rauwalejandro Instagram: rauwalejandro Youtube: UC_Av98lDjf5KvFib5elhpYg TikTok: rauwalejandro Souncloud: rauwalejandro Spotify: 1mcTU81TzQhprhouKaTkpq iTunes: 1107186883 Last fm: Rauw+Alejandro Musicbrainz: 197b70c7-8910-4030-ad03-632d82aa40e3 Songkick: 9920644 Discogs: 7153566 Allmusic: mn0003799664 Deezer: 11289472 Genius: Rauw-alejandro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu en San Xoán, e foi criado en Carolina (Porto Rico). Do mesmo xeito ca el, os seus pais tamén son artistas, e influenciárono con cantantes como Elvis Presley e Michael Jackson.[2] O seu pai é Raúl Ocasio, un guitarrista; e a súa nai é María Ruiz, unha corista. Durante varios anos viviu nos Estados Unidos, onde foi influído polos xéneros R&B e dancehall.[3]

En setembro de 2021, confirmouse o seu noivado coa cantante española Rosalía.[4]

Carreira musical

2014-2017: Inicios

Comezou a súa carreira en 2014 coa canción «Inevitable» e mantívose nos anos seguintes lanzando cancións como «Eso que tienes», «Días así», «No me hagas esperar» e «I.D.G.F.» en 2015 e «Pa' serio», «Como nunca», «Mala miña», «Back To Sleep» e «Misiones» en 2016.[5] Lanzou o seu primeiro mixtape titulado Punto De Equilibrio en 2016, o cal contou coas colaboracións de Myke Towers, Álvaro Díaz, Joyce Santana e Rafa Pabön.[6]

Lanzou cancións en 2017 como «Las oportunidades», «Las justas », «Ahora dice», «Tómalo», «Luz roja», «Ta' moja», «Estamos mal», «Se hace tarde» e «Toda» xunto a Alex Rose, o cal contou cunha remestura en 2018 con Cazzu, Lenny Tavárez e Lyanno. Esta remestura conta con máis de 100 millóns de reproducións en Spotify e máis de 1.000 millóns en YouTube.[7]

En 2018, publicou a súa versión da canción «Tú te imaginas» de De la Ghetto co que gañou recoñecemento.[8] Participou en cancións como «Pa' tu casa» e «Luz apaga», coas que logrou consolidarse aínda máis.[9][10] Porén, co lanzamento dos sinxelos «Que le dé» con colaboración de Nicky Jam, as sinxelo «Fantasías» con Farruko, «El efecto» xunto a Chencho Corleone de Plan B, ademais da súa remestura que contou con Bryant Myers, Dalex, Kevvo e Lyanno, lanzárono ao recoñecemento en todo o continente a finais do ano 2019.[11][12]

Publicou o seu primeiro EP titulado Trap Cake en 2019.[13]

En 2020, publicou o seu primeiro álbum de estudio titulado Afrodisíaco, o cal contou coas colaboracións de Anuel AA, J Balvin, Zion & Lennox, Sech, Wisin & Yandel, Arcángel, Randy, Trippie Redd, entre outros.[14]

En 2021, sacou un dos seus temas máis exitosos «Todo de ti».[15] Este tema cultivou seis discos de platino nos Estados Unidos, catro en España e múltiples discos de ouro, algúns na Arxentina ou México. A raíz do éxito deste sinxelo, lanzou o seu segundo álbum de estudio Viceversa, un álbum que conseguiu o número 1 en España, ademais de obter a certificación de platino no país anglosaxón tras superar as 60.000 unidades de devandito material. Noutros países como Colombia ou o Perú, obtivo a certificación de platino e ouro, sendo o álbum máis vendido do cantante até a data.

Discografía

TítuloListasCertificacións
SPA[16]
Afrodisíaco
  • Lanzamento: 13 de novembro de 2020
  • Discográfica: Sony Music Latin
  • Formato: CD, descarga dixital
2
  • RIAA: Ouro (Latin)
  • PROMUSICAE: Ouro
Viceversa
  • Lanzamento: 25 de xuño de 2021
  • Discográfica: Sony Music Latin
  • Formato: CD, descarga dixital
1
  • RIAA: Platino (Latin)
  • ASINCOL: Platino
  • UNIMPRO: Ouro[17]

Mixtapes

  • 2016: Punto de equilibrio

EP

  • 2019: Trap Cake

Álbums en directo

  • 2020: Concerto virtual en tempos de COVID-19 desde o Coliseo de Porto Rico

Notas