A rata negra (Rattus rattus) é unha especie de roedormiomorfo da familia dos múridos (Muridae), orixinaria de Asia tropical que está presente en Europa desde o século VIII, e que desde aí dispersouse polo resto do mundo, adaptándose a case todos os hábitats, aínda que predomina nos ambientes cálidos.
A lonxitude da cabeza e o tronco é de 16 a 22 cm, e a cola, sen pelos e cuberta de escamas en anel, mide de 17 a 24 cm. O seu peso é de entre 150 a 230 g.
O fociño é aguzado, rematando en punta. A capa é negra ou gris escura. Vive de 2 a 3 anos.
Encóntrase nos asentamentos humanos e prefire vivir baixo teito. A diferenza da rata gris (Rattus norvegicus), é especialista en gabear.
As femias teñen 5 ou 6 camadas ao ano. O tempo de xestación é de 21 a 30 días, e paren cada vez de 5 a 8 crías, que ao naceren son cegas e non teñen pelo.
A rata negra ocasiona graves problemas económicos e sanitarios. Ademais de consumir ou danar os alimentos, asóciase a moitas enfermidades, como a peste bubónica, transmitida pola pulgaXenopsylla cheopis que a parasita.