Randufe, Tui

parroquia civil do concello de Tui

Santa María da Guía de Randufe é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o IGE de 2019 tiña 2.125 habitantes (1.107 mulleres e 1.018 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha lixeira diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.138 habitantes.

Randufe
Igrexa parroquial e cruceiro
ConcelloTui[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°02′48″N 8°39′32″O / 42.046647222222, -8.658858°39′32″O / 42.046647222222, -8.65885
Poboación2.125 hab. (2019)
Entidades de poboación26[1]
editar datos en Wikidata ]

Toponimia

O topónimo Randufe é de orixe xermánica, o sufixo -ufe/ulfe significa lobo[2].

División eclesiástica

Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.[3]

Historia

Esta parroquia conta cunha longa historia de ocupación humana desde a prehistoria. Os achados máis antigos correspóndense con restos de machadas paleolíticas.[4]. Entre as primeiras expresións artísticas atopamos varios petróglifos, entre os que destacan os do Alto do Coello[5], da Idade de Bronce (1800-600 a. C.). Na Idade de Ferro existiu un asentamento no barrio da Guía, o chamado Castro de Cotarel[4].

Persoeiros destacados

Lugares e parroquias

Lugares de Randufe

Lugares da parroquia de Randufe no concello de Tui (Pontevedra)

A Abelleira | Arcos | Bermún | As Bornetas | Camiño Branco | Casas Novas | As Chans do Carrasco | Corvaceiras | Cotarel | Coto de Gaio | Cruceiro | Dices | A Estrada | O Gateño | A Guía | A Leiriña | O Lugariño | O Matelo | O Montiño | O Outeiro | Pociño | Postes | Quiringostas | O Remesal | Sombraboa | O Souto | As Valiñas

Parroquias de Tui

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos