Ramón Carnero

futbolista e adestrador galego

Ramón "Moncho" Carnero González, nado en Vigo o 8 de novembro de 1953, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa.

Ramón Carnero
Información persoal
NomeRamón Carnero González
Nacemento8 de novembro de 1953 (70 anos)
Lugar de nacementoVigo
PosiciónDefensa
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
Arousa
Logroñés
1977–1979Alavés1(0)
Adestrador
2004Celta de Vigo
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Como futbolista tras xogar en equipos como o Arosa SC ou o CD Logroñés chegou a xogar en Segunda División no Deportivo Alavés durante dúas tempadas, dende o ano 1977 ao 1979, aínda que só disputaría un encontro na primeira das dúas.

Como adestrador pasou a maior parte da súa carreira no equipo técnico do Celta de Vigo sendo o home de confianza e segundo adestrador de case todos os técnicos que pasaron polo banco do equipo na década dos noventa e comezos do século XXI -a excepción de Carlos Aimar-, dende Txetxu Rojo, Fernando Castro Santos e Javier Irureta ata Víctor Fernández, Miguel Ángel Lotina e Radomir Antić.

Na tempada 2003–04 ante a mala situación do Celta o adestrador Lotina foi substituído mediada a tempada polo técnico serbio Antic; aínda que Carnero xa dirixiu o equipo ata a toma de posesión do novo adestrador,[1] a grande oportunidade presentóuselle a oito partidos para o remate da tempada, cando tamén Antic foi destituído e se lle encargou a Carnero e a Rafa Sáez, ata o momento adestrador do Celta de Vigo B, salvar o equipo do descenso a Segunda División[2][3]. Pese a un moi bo final de tempada non conseguiron o obxectivo, consumándose o descenso na última xornada.

Ao final da mesma Carnero deixou o posto de adestrador e Rafa Sáez volveu ao filial.

Pasou a ser o adestrador do Celta de Vigo de Fútbol indoor[4], e na tempada 2013 conseguiu quedar campión da Liga Fertiberia de Fútbol Indoor, gañándolle a final ao Valladolid.

Notas