Raleigh, Carolina do Norte

A cidade de Raleigh é a capital do estado de Carolina do Norte, Estados Unidos. De acordo co censo do ano 2000, tiña unha poboación de 276.093 habitantes, o que a converte na segunda cidade máis habitada do estado logo de Charlotte. Raleigh é coñecida como a cidade dos carballos pola enorme cantidade de árbores desta especie que se atopan no seu territorio.

Modelo:Xeografía políticaRaleigh, Carolina do Norte
Imaxe
(2008)

Nomeado en referencia aWalter Raleigh Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 35°47′N 78°38′O / 35.78, -78.6478°38′O / 35.78, -78.64
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCarolina do Norte
County of North Carolina (en) TraducirCondado de Wake (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación467.665 (2020) Editar o valor em Wikidata (1.235,19 hab./km²)
Número de fogares187.517 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaResearch Triangle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parte de
Superficie378,616963 km² Editar o valor em Wikidata
Auga0,7632 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude96 m Editar o valor em Wikidata
Creación1770 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Raleigh, North Carolina (en) Traducir Editar o valor em WikidataMary-Ann Baldwin (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27601 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico919 e 984 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Xiangyang (pt) Traducir (2011–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webraleighnc.gov Editar o valor em Wikidata
Facebook: CityofRaleigh Twitter: RaleighGov Instagram: raleighgov Youtube: UCmakWAtCIzgsRXZUNczyNEA Editar o valor em Wikidata

Historia

Sir Walter Raleigh

Raleigh foi elixida como a capital do novo estado en 1788, e foi fundada oficialmente en 1792 como capital de Carolina do Norte e do condado de Wake respectivamente. Foi bautizada co seu nome en novembro de 1792 en honra a Sir Walter Raleigh, promotor da Colonia Roanoke, un antigo asentamento para colonos ingleses na zona.

A localización foi elixida por atoparse a uns 16 km da Taberna de Isaac Hunter, ao parecer, un lugar moi popular entre os lexisladores norteamericanos da época. É unha das poucas cidades dos Estados Unidos planeada e construída especificamente para servir como capital dun estado.[1]

A primeira reunión da Asemblea Xeral de Carolina do Norte en Raleigh sucedeu en decembro de 1794, e un mes máis tarde a lexislación outorgou á cidade uns estatutos, xunto a unha lista de 7 comisionados designados (a partir de 1803 foron elixidos polo pobo) e un Intendente de Policía, que máis adiante sería considerado alcalde, para gobernar a cidade.[2] O primeiro Intendente foi John Haywood.[3]

Foi parcialmente destruída durante a Guerra Civil, crecendo moi lentamente ata o século XX, nos anos 1920, data na que se introduciron as liñas de tranvía na cidade. Este feito, xunto á creación nos anos 1950 dun parque tecnolóxico e a autoestrada coñecida como Beltline fixeron que o crecemento da cidade acelerásese. Tamén o feito de que a multinacional IBM instalásese na zona influíu positivamente no desenvolvemento da mesma.

Xeografía

Capitolio de Carolina do Norte, Raleigh

De acordo coa Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área total de 299,3 km², dos cales 296,8 km² son de terra e 2,5 km² da mesma (0,84%) é auga. En canto ás distancias con outras capitais importantes, atópase a 233 km (145 millas) de Richmond, Virxinia, a 373 km (232 millas) de Washington, D.C., e a 230 km (143 millas) de Charlote.

Mentres que case todo Raleigh está localizado dentro do condado de Wake, unha pequena parte da cidade esténdese no veciño condado de Durham.[4]

Clima

Raleigh ten un clima subtropical moderado, con temperaturas suaves na primavera, outono e inverno. Con todo, os invernos adoitan ser cálidos e húmidos. As temperaturas invernais xeralmente oscilan entre os 10 a 13 °C de máxima e os -2 a 2 °C de mínima. Na primavera e outono van dos 20 °C de máxima e os 13 °C de mínima, mentres que no verán pódense alcanzar os 35 °C de máxima, cunha alta humidade. Os meses de choiva son xullo e agosto.

Clima en Raleigh
MesXanFebMarAbrMaiXuñXullAgoSetOutNovDecAnual
Media °C3,8°C5,6°C10,2°C15,0°C19,4°C23,5°C25,6°C25,1°C21,7°C15,6°C10,7°C5,9°C15,2°C
Media max.°C9,4°C11,4°C16,7°C22,1°C25,9°C29,4°C31,1°C30,4°C27,3°C22,0°C17,0°C11,5°C21,2°C
Media mín.°C-1,8°C-0,4°C3,7°C7,9°C12,9°C17,6°C20,1°C19,7°C16,2°C9,1°C4,3°C0,2°C9,1°C
Fonte: Southeast Regional Climate Center (Raleigh-Durham), climate-zone.com[5]

Perfil da cidade

Vista panorámica do centro de Raleigh, cara a 1909

A cidade atópase dividida en cinco áreas xeográficas, cada unha das cales usa o código postal de Raleigh, que comeza por 276. Estas denomínanse Old Raleigh, East Raleigh, West Raleigh, North Raleigh e South Raleigh.

Demografía

Fayetteville Street, no centro de Raleigh
Poboación histórica
AnoPoboación

1800699
190013.643
191019.218
192024.418
193037.379
194046.879
195065.679
196093.931
1970122.830
1980150.255
1990212.092
2000276.093

Segundo o censo do ano 2000, había 276.093 habitantes, 112.608 vivendas e 61.371 familias residindo na cidade. A densidade de poboación era de 930,2/km². Había 120.699 vivendas habitadas cunha densidade media de 406,7/km². Con respecto ás razas, o 63,31% eran de raza branca, o 27,80% afroamericanos, o 0,36% nativos americanos, o 3,38% asiáticos, o 0,04% proviñan das illas do Pacífico, o 3,24% doutras razas e o 1,88% eran mestura de dúas ou máis razas. O número de hispanos era do 6,99% do total da poboación. A poboación hispana continúa crecendo hoxe en día, debido á inmigración, tanto legal como ilegal.

Había 112.608 vivendas das cales un 26,5% tiñan nenos menores de 18 anos vivindo nelas, o 39,5% eran matrimonios vivindo xuntos, o 11,4% tiña unha muller unicamente, e o 45,5% non formaban familias. No 33,1% do total de vivendas soamente habitaba unha persoa, e no 6,2% había vivindo alguén de 65 ou máis anos. A media de habitantes por fogar era de 2,3 persoas, mentres que as que formaban familia era de 2,9.

Por idades, o 20,9% tiñan menos de 18 anos, o 15,9% de 18 a 24, o 36,6% de 25 a 44, o 18,4% de 45 a 64, e o 8,3% tiñan 65 ou máis anos de idade. A media era de 31 anos. Por cada 100 mulleres había 98,0 homes. Por cada 100 mulleres maiores de 18 anos, había 96,6 homes.

A media de ingresos dunha vivenda era de 46.612 dólares,mentres que a media de ingresos familiares era de 60.003. Os homes gañaban unha media de 39.248 dólares anuais contra os 30.656 das mulleres. A renda per cápita da cidade era de 25.113 dólares. O 11,5% da poboación e o 7,1% das familias atopábanse por baixo do limiar da pobreza. Aproximadamente 1 de cada 4 habitantes de Raleigh (25,5%) excedían o 200% do limiar de pobreza. Do total da poboación, un 13,8% dos menores de 18 anos e un 9,3% dos maiores de 65 vivían por baixo do límite de pobreza.

Cidades irmáns

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas