Rafael Piñeiro
Rafael Piñeiro Alonso, nado en Valencia en 1949, é un policía cubano-estadounidense de ascendencia galega. É o comisionado adxunto do Departamento de Policía de Nova York (NYPD).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 ![]() Valencia, España ![]() |
Delegado de polícia (pt) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Nova York New York Institute of Technology Brooklyn Law School (en) ![]() Escola de Goberno John F. Kennedy Robert F. Wagner Graduate School of Public Service (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | policía ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
Fillo dun coruñés e unha cubana, naceu en Valencia en 1949.[1][2] Aos 6 meses emigrou coa súa familia a Cuba, onde se criou ata os 12 anos, antes de que a familia se instalase nos Estados Unidos.[3] Despois de graduarse no New York Institute of Technology cunha licenciatura en Ciencias da Conduta, ingresou na Policía de Nova York en xuño de 1970, tras graduarse como o número 1 da súa clase da Academia de Policía de Nova York e de recibir o Premio do Xefe de Persoal por ter as puntuacións académicas e físicas máis altas.[4]
Foi ascendendo durante os seguintes anos e no 2002 foi nomeado Xefe de Persoal da Policía de Nova York. En 2010 ascendeu a Comisionado Adxunto, o segundo rango máis alto da policía neoiorquina.[5] Tralas eleccións á alcaldía de Nova York de 2013, gañadas por Bill de Blasio, foi un dos candidatos para suceder a Ray Kelly como comisario da policía de Nova York, posto que finalmente foi para William Bratton.[6][7][8]