Río Liffey
O río Liffey (en irlandés An Life) é un río de Irlanda que flúe atravesando o centro da cidade de Dublín. Ten unha lonxitude de preto de 125 quilómetros e nace no monte Kippure, no condado de Wicklow. Despois percorre o condado de Kildare antes de chegar ó de Dublín. As súas augas desembocan na baía de Dublín, no mar de Irlanda.
Río Liffey | |
---|---|
Paseo fluvial do Liffey en Dublín. | |
País | Irlanda |
Lonxitude | 125 km |
Desembocadura | Mar de Irlanda |
Nome
O nome orixinario do río era An Ruirthech, que significa "corredor rápido (ou forte)"[1]. A verba Liphe (ou Life) referíase orixinariamente ao nome da chaira pola que corría o río, pero co tempo chegou a referirse ao río en si mesmo.[2] Tamén se lle coñeceu como o Anna Liffey, posiblemente tralo préstamo lingüístico do irlandés Abhainn na Life.
Percorrido e sistema
O río Liffey emerxe entre Kippure e Tonduff nas montañas de Wicklow. Percorre uns 125 km a través dos condados de Wicklow, Kildare e Dublín antes de desembocar no mar de Irlanda, na Baía de Dublín.
Afluentes
O sistema do Liffey inclúe ducias de ríos menores e regatos, entre os que se atopan o Shankill, o Brittas, o Painestown, o Water, o Carmac, o Bradoge, o Poddle e o Dodder.
Asentamentos
Entre as vilas asentadas ao longo do río están Ballymore Eustace, Athgarvan, Kilcullen, Newbridge, Caragh, Clane, Celbridge, Leixlip e Lucan antes de chegar á cidade de Dublín.