Río Avia

curso fluvial galego

O río Avia é un afluente do río Miño pola súa banda dereita.

Río Avia
PaísGalicia Galicia
NacementoSerra de Suído
Lonxitude36,7 km
DesembocaduraRío Miño
O río Avia o seu paso por Ribadavia

Descrición

Nace na serra do Suído a 880 msnm, no lugar de Fonte Avia, pertencente á parroquia de Nieva, no concello de Avión.

Segue unha dirección suroeste-nordeste até chegar ao encoro de Albarellos, entre os concellos de Leiro, Boborás e Avión. Despois do encoro segue até Boborás, vira cara ao sueste, desde Leiro, fai fronteira entre Cenlle e Leiro até Ribadavia, lugar onde desemboca tras percorrer un total de 36,7 Km.

En Albarellos, Boborás, atópase o encoro de Albarellos, concedido en explotación a Gas Natural Fenosa. Ten unha capacidade total de 90,73 Hm³. É empregado para a produción de electricidade.[1]

Toponimia

Avia (e o seu diminutivo río Avión) procede da raíz indoeuropea celta av- ou au-, fonte, corrente de auga. Comparte orixe co río Ave (chamado Avo na época da Gallaecia, hoxe Ave, ao norte do Porto) e con outro ríos franceses, españois e italianos.[2]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos