Qantas

Qantas Airways Limited é a aeroliña nacional de Australia. O nome é un acrónimo de "Queensland and Northern Territory Aerial Services", xa que orixinalmente servía Queensland e o Territorio do Norte, e ten o alcume de "The Flying Kangaroo" (o canguro voador). Ten a súa base no aeroporto de Sydney. É a aeroliña máis grande de Australia e a terceira máis antiga do mundo aínda en servizo, tras KLM e Avianca.[1] A sede de Qantas está situada no Qantas Centre, no suburbio de Mascot en Sydney. Qantas é un dos membros fundadores da alianza de aeroliñas Oneworld.[2]

Qantas
IATA
QF
OACI
QFA
Indicativo
QANTAS
Fundación16 de novembro de 1920
Inicio das operaciónsmarzo de 1921
Plan de voo frecuenteQantas Frequent Flyer
AlianzaOneworld
Frota147
Destinos41
Eslogan da compañíaSpirit of Australians
SedeSydney
Páxina web: http://www.qantas.com.au

Qantas ten varias aeroliñas filiais que operan cara centros rexionais e realizan algunhas rutas troncais en Australia baixo o nome de QantasLink. Qantas temén é propietaria de Jetstar, unha aeroliña de baixo custo que opera tantos servizos internacionais dende Australia como servizos domésticos en Australia e Nova Zelandia, e ten accións en outras aeroliñas do Grupo Jetstar.

Frota

Actual

En decembro de 2020 a frota de Qantas estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de Qantas
AviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotas
F J WY
Total
Airbus A330-200827224251[4]
1028243271[5]
Airbus A330-3001028269297[6]
Airbus A380-8006146435371484[7]Van ser reformados para unha configuración de 485 asentos.[8]
Estarán almacenados ata 2023[9]
6147060341485[10]A cabina vai ser reformada.[11] Estarán almacenados ata 2023[9]
Boeing 737-8007512162174[12]
Boeing 787-9113[13][14]4228166236[15]Pedido orixinal de 8 con 15 opcións e 30 dereitos de compra.[13][16]
Seis máis pedidos en maio de 2018.[14]
Total1263

Notas