Puro
- Artigo principal: Cigarro.
Un puro ou cigarro puro é un cigarro[1] consistente nun paquete firmemente enrolado de tabaco secado e fermentado, liado sen papel, nunha folla de tabaco. Acéndese por un dos extremos para poder introducir o seu fume dentro da boca do fumador a través do outro extremo.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f1/Romeo_Y_Julieta_Churchill_Cigars_Tubo.jpg/250px-Romeo_Y_Julieta_Churchill_Cigars_Tubo.jpg)
O tabaco para puros cultívase en cantidades significativas en nacións como Brasil, Camerún, Cuba, República Dominicana, Honduras, Indonesia, México, Nicaragua e Estados Unidos.
Os puros fabricados en Cuba considéranse dunha calidade inigualable, e por iso se lles coñece habitualmente como Habanos. A reputación cubana preséntase tanto polas características únicas da rexión de Vuelta Abajo, na provincia de Pinar del Río, ao Oeste da illa, onde un microclima permite o cultivo de tabaco de alta calidade; como pola habilidade dos fabricantes cubanos do puro. Porén,moitos expertos cren que as mellores colleitas de Honduras, Nicaragua e San Andrés Tuxtla, en México, rivalizan cos cubanos.