Pulmonados

Pulmonados
Pulmonata

Rango fósil: carbonífero - actuialidade [1]

Lámina representando varias especies de pulmonados
Clasificación científica
Reino:Animalia
Subreino:Metazoa
Filo:Mollusca
Clase:Gastropoda
Subclase:Prosobranchia
Orde:Pulmonata
Cuvier en Blainville, 1814
Subordes

O dos pulmonados (Pulmonata) é un grupo de discutida monofilia (anteriormente considerados como unha orde, e antes como unha subclase) de moluscos gasterópodos que inclúe os caracois terrestres e as limachas, que desenvolveron, grazas a unha modificación da cavidade paleal, que se fixo altamente vascularizada, transformándose nun pulmón (que non é homólgo do pulmón dos vertebrados terrestres) que lles permite a respiración aérea (de aí o nome que reciben), o que lles permite vivir en terra firme. Son o único grupo de moluscos que colonizaron o medio terrestre.

O taxon dos pulmonados como tradicionalmente era definido demostrouse que era polifilético nun estudo molecular realizado por Jörger et al. en 2010.[2]

Características

Anatomía dun pulmonado.
1: cuncha, 2: fígado, 3: pulmón, 4: ano, 5: poro respiratorio (pneumostoma), 6: ollo, 7: tentáculo, 8: ganglios cerebrais, 9: conduto salivar, 10: boca, 11: papo, 12: glándula salivar, 13: poro xenital, 14: pene, 15: vaxina, 16: glándula mucosa, 17: oviduto, 18: saco de dardos, 19: pé, 20: estómago, 21: ril, 22: manto, 23: corazón, 24: vasos deferentes.

A maioría das especies dos pulmomados carecen por completo de branquias, e teñen a cavidade paleal transformada nun órgano respiratorio chamado pulmón (por comparación cos verdadeiros pulmóns dos vertebrados tetrápodos), e ao que alude o seu nome.
Trátase dunha cavidade do manto transformada nun amplo saco coas súa delgadas paredes moi vascularizadas, que comunica co exterior mediante unha estreita abertura situada lateralmente, á dereita, chamada poro respiratorio ou pneumostoma.[3]

Os pulmonados, igual que outros gasterópodos, sofren no curso do seu desenvolvemento unha distorsión (torsión) do saco viscerasl, polo cal a comisura visceral non está entrecruzada.[3]

Teñen un corazón cunha soa aurícula, un ril, e un sistema nervioso concentrado, simétrico. O atrio cardíaco encóntrase case sempre en polsición anterior ao ventrículo. A cavidadd paleal encóntrase no lado dereito do cuerpo.

Cortexo no caracol Helix pomatia.

A maioría das especies teñen unha cuncha, pero sen opérculo, aínda que o grupo tamén inclúe varias limachas se cuncha. A cuncha, dextrorsa, e só excepcionalmente sinestrorsa, en xeral é delgada e espiralada; nalgunhas especies está reducida e cuberta, total ou parcialmente, polo manto, e noutras, como quedou dito, mesmo falta.

A boca presenta unha rádula con numerosos pequenos dentes, e frecuentemente, mandíbulas.
O poro xenital ábrese ao exterior polo lado dereito, detrás da cabeza. Son hermafroditas, e as estratexias reprodutivas dalgunhas especies, como as dos caracois terrestres, inclúen o chamado cortexo, e empregan estruturas como os denominados dardos do amor (do inglés, love darts).[3][4]

Taxonomía

Cunchas de pulmonados estilomatóforos nun museo de Wiesbaden.
Exemplos de pulmonados: Achatina fulica arriba á derita; Bielzia coerulans arriba á esqurerxda; Praticolella berlandieriana centro á dereita; Megalobulimus oblongus no centro; Euglandina rosea centro á esquerda; Ashmunella levettei abaixo á esquerda, e Helix pomatia abaixo á dereita.
Especialidade gastronómica francesa: Escargots à bourguignone.
Helix aspersa, unha das especies utilizadas na preparación dos escargots.

Descrición

A orde dos pulmonados foi descrita por primeira vez en 1814 polo naturalista francés Georges Cuvier, descrición que rexistra, dous anos máis tarde o seu colega e compatriota Henri Marie Ducrotay de Blainville, no seu traballo Prodrome d'une nouvelle distribution systématique du règne animal (Comezo dunha nova distribución do reino animal).

Etimoloxía

O nome científico Pulmonata é o nomintivo plural do adxectivo do latín científico pulmonatus, -a, -um, derivado do substantivo do latín clásico pulmo, -õnis, 'pulmón'. Literalmente, 'os que teñen pulmón'.

Clasificación

Unha clasificación en continua revisión

Desde que Darwin formulara a súa teoría da evolución, a taxonomía biolóxica intentou reflectir a filoxenia dos organismos. As clasificacións utilizadas en taxonomía intentan, por tanto, representaren as interrelacións entre os distintos taxons. Porén, a taxonomía dos pulmonados, como a dos demais grupos de gasterópodos está continuamente sendo revisada e, debido a isto, as versións que se mostran en diversos textos poden diferir de maneira importante.

Distintas consideracións sobre a categoría taxonómica do grupo

Segundo os distintas bases de datos, o grupo dos Pulmonata é considerado como:

Clasificacións tradicionais

Unha das máis seguidas clasificacións tradicionais, divide a orde dos pulmonados nas subordes dos estilomatófos (Stylommatophora), basomatóforos (Basommatophora) e eupulmonados (Eupulmonata). Porén, outros autores,[3] reducen estas ás dúas primeiras.

Clasificacións modernas

§ Clasificación de Ponder & Lindberg (1997)

Segundo a clasificación dos gasterópodos de Ponder & Lindberg (1997), a taxonomía dos pulmonados é a seguinte:[12]

  • Orde Pulmonata Cuvier in Blainville, 1814
    • Suborde Systellommatophora Pilsbry, 1948
    • Suborde Basommatophora Keferstein in Bronn, 1864
    • Suborde Eupulmonata Haszprunar & Huber, 1990
      • Infraorde Acteophila Dall, 1885 (antigamente Archaeopulmonata)
      • Infraorde Trimusculiformes Minichev & Starobogatov, 1975

§ Clasificación baseada na análise filoxenética, de Bouchet & Rocroi (2005).[13][14]

  • Grupo informal Pulmonata Cuvier in Blainville, 1814
    • Grupo informal Basommatophora Keferstein in Bronn, 1864
    • Clado Eupulmonata Haszprunar & Huber, 1990 (clado sen clasificar, contén os clados Systellommatophora e Stylommatophora)
      • Clado Systellommatophora (Gymnomorpha)
      • Clado Stylommatophora (contén os subclados Elasmognatha, Orthurethra e o grupo informal Sigmurethra)
        • Subclado Elasmognatha
        • Subclado Orthurethra
        • Grupo informal Sigmurethra'
      • "Limacoid clade"

§ Clasificación de Jörger et al. 2010

Jörger et al. (2010) analizaron os grupos principais dentro dos Heterobranchia usando datos xenéticos e encontraron que nos Pulmonata, que se consideraba un grupo polifilético, algúns estaban máis estreitamente relacionadas cos Sacoglossa e os Acochlidia, polo que propuxeron un taxon máis inclusivo, o dos Panpulmonata para unir os clados Siphonarioidea, Sacoglossa, Glacidorboidea, Pyramidelloidea, Amphiboloidea, Hygrophila, Acochlidia e Eupulmonata.[2]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
  • Grassé, Pierre P.; Raymond A. Poisson e Odette Tuzet (1976): Zoología. Tomo 1 invertebrados. Barcelona: Ed. Toray-Masson, S. A. ISBN 84-311-0200-4.
  • Remane, Adolf; Volker Storch e Ulrich Weisch (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2.
  • VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 257–293.

Outros artigos

Ligazóns externas