Provincias dos Países Baixos

Unha Provincia Neerlandesa representa a capa administrativa entre o goberno estatal e os concellos, con responsabilidades en asuntos de importancia rexional ou subnacional. O goberno de cada provincia conta de tres partes principais: o Provinciale Staten que é o parlamento provincial elixido cada catro anos, os membros electos desta institución máis tarde elixen o Gedeputeerde Staten, que é o consello coa maioría das tarefas excutivas, presidido polo Commissarios van de Koningin (Comisario do Reino), nomeado pola Coroa.

Provincias dos Países Baixos e principais cidades.

División

Hoxe en día os Países Baixos están divididos en doce provincias (provincies en neerlandés).

As doce provincias están listadas a continuación:

Band.ProvinciaCapitalCidade máis populosaÁrea (km2)Poboación[2]Densidade
(por km2)
Brabante do NorteDen BoschEindhoven5.0992.434.744477
ZelandiaMiddelburgMiddelburg2.934380.897130
DrentheAssenAssen2.680489.695183
FlevolandLelystadAlmere2.412383.496159
FrisiaLeeuwardenLeeuwarden5.749645.101112
GroningaGroningaGroninga2.960574.481194
GueldriaArnhemNimega5.1371.990.871388
Holanda MeridionalA HaiaRotterdam3.4193.477.8761017
Holanda SetentrionalHaarlemÁmsterdam4.0922.647.149647
LimburgoMaastrichtMaastricht2.2091.140.813516
OverijsselZwolleEnschede3.4211.125.108329
UtrechtUtrechtUtrecht1.4491.210.761836

Historia

Case tódalas provincias neerlandesas teñen a súa orixe no estado medieval, ben coma condado ou ben coma un ducado, ao igual que en Bélxica. A súa situación trocou o seu status e chegaron estar baixo unha soa administración central, relegando os estados a provincias, dezasete en total. A partir destes Países Baixos unificados, no século XVII sete provincias do norte formaron a República das Sete Provincias Unidas, é dicir Holanda, Zelandia, Gueldria, Utrecht, Frisia, Overijssel e Groninga. As terras da república tamén incluían a Drenthe (unha das dezasete, mais sen o mesmo status autónomo que as outras), e partes do Brabante, Limburgo e Flandres, que eran considerados coma "terras conquistadas" e eran gobernadas directamente polo Staten-Generaal, o parlamento, polo que eran chamadas Terras da Xeneralidade, e foron chamados Staats-Brabant, Staats-Limburg e Staats-Vlaanderen, que significa "do Estado". Cada un destes "Países Baixos" tiña un certo grao de autonomía e cooperaban entre si sobre todo en defensa e no plano internacional en xeral, mais mantendo os seus propios asuntos noutros lugares.

O 1 de xaneiro de 1796, durante a República Bátava, Drenthe e Staats-Brabant convertéronse na oitava e novena provincias dos Países Baixos, está última coñecida como Bataafs Bravant, Brabante Bátavo, trocando o seu nome a Brabante do Norte en 1815 cando pasaron a formar parte do Reino Unido dos Países Baixos, que tamén contiña o entón Brabante do Sur, unha provincia belga. En 1839, coa independencia de Bélxica, a provincia orixinal Limburgo foi divida en dúas terras entre os dous países, así que hoxe en día cada un ten unha provincia chamada Limburgo. Un ano despois, Holanda, a máis grande e poboada provincia neerlandesa dividiuse en dúas, para chegar a un total de once. O doceavo membro foi Flevoland, unha provincia que é practicamente todo terra recuperada ao mar, estabelecida o 1 de xaneiro de 1986.

Os Departamentos do Período Francés

Durante a República Bátava os Países Baixos foron completamente reorganizados en oito novos departamentos entre 1798 e 1801, a maioría nomeados co nome de ríos, inspirados polo exemplo de Francia, nunha tentativa de acabar co antigo status autónomo provincial.

Departamentos Bátavos
Nome galegoNome neerlandésCapitalContidas nos territorio de
Departamento do EmsDepartement van de EemsLeeuwardenNorte de Frisia, Groninga
Departamento do Vello IJsselDepartement van de Oude IJsselZwolleSur de Frisia, Drenthe, Overijssel, Norte de Gueldria
Department do RinDepartement van de RijnArnhemGueldria Central, Utrecht Leste
Departamento do AmstelDepartement van de AmstelÁmsterdamÁrea arredor de Ámsterdan
Departamento de TexelDepartement van TexelAlkmaarHolanda Setentrional menos Ámsterdan, noroeste de Utrecht
Departmento do DelftDepartement van de DelftDelftHolanda Meridional até o Mosa, suroeste de Utrecht
Departmento do DommelDepartement van de Dommel's-HertogenboschParte leste do Brabante Bátavo, sur de Gueldria
Departmento do Escalda e MosaDepartement van de Schelde en MaasMiddelburgZelandia, Holanda Meriodional do Mosa e a parte oeste do Brabante Bátavo

Despois de só tres anos, a raíz dun golpe de Estado, as fronteiras das antigas provincias foron restauradas, aínda que non os seus status de autonomía. Foron tamén chamadas "departamentos" e engadiuse e Drenthe foi engadido en Overijssel. En 1806 o Reino dos Países Baixos substituíu a república para promover os intereses franceses. Foi durante esta administración que Holanda se divide en dous, co departamento de Amstelland ao norte e o de Maasland ao sur. Frisia Oriental, entón como agora en Alemaña, foi engadida ao reino coma departamento en 1807 e Drenthe separouse de novo, facendo en total once departamentos.

Mapa das subdivisións dos Países Baixos durante a Administración Francesa. Nótese que Frisia Oriental non está incluída neste mapa.

Cando finalmente os Países Baixos se fixeron plenamente parte de Francia en 1810, os departamentos do reino e ás súas fronteiras mantivéronse en grande medida, con algunhas unidas. Porén, foron case todas nomeadas de novo, principalmente polos ríos de novo, pero con nomes diferentes á época bátava.

Departamentos franceses nos Países Baixos
Nome galegoNome francésNome neerlandésProvincias modernas
Departamento do ZuiderzeeDépartement du ZuyderzéeDepartement van de ZuiderzeeHolanda Setentrional e Utrecht
Departamento da Foz do MosaDépartement des Bouches-de-la-MeuseDepartement van de Monden van de MaasHolanda Meridional
Departamento da Foz do EscaldaDépartement des Bouches-de-l'EscautDepartement van de Monden van de ScheldeZelandia
Departamento dos Dous NethenDépartement des Deux-NèthesDepartement van de Twee NethenOeste do Brabante Norte e Anveres
Departamento da Foz do RinDépartement des Bouches-du-RhinDepartement van de Monden van de RijnLeste do Brabante Norte e sur de Gueldria
Departamento do IJssel SuperiorDépartement de l'Yssel-SupérieurDepartement van de Boven IJsselNorte de Gueldria
Departamento da Foz do IJsselDépartement des Bouches-de-l'YsselDepartement van de Monden van de IJsselOverijssel
Departamento de FrisiaDépartement de la FriseDepartement FrieslandFrisia
Departamento do Ems OccidentalDépartement de l'Ems-OccidentalDepartement van de Wester EemsGroninga e Drenthe
Departamento do Ems OrientalDépartement de l'Ems-OrientalDepartement van de Ooster EemsFrisia Oriental

Coa derrota e retirada dos franceses en 1813, as antigas provincias e os seus nomes volvéronse a estabelecer, Holanda xuntouse de novo e a Frisia Oriental separouse. As dezasete provincias do Reino Unido dos Países Baixos foron en parte baseados nos antigos departamentos franceses e as súas fronteiras, en particular do que máis tarde se convertería en Bélxica.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas