Provincia de Panamá Oeste

Panamá Oeste é unha das dez provincias de Panamá, creada o 1 de xaneiro de 2014 a partir de territorios segregados da provincia de Panamá situados ao oeste da canle de Panamá. Está conformado por 5 distritos: Arraiján, Capira, Chame, La Chorrera e San Carlos. A súa capital é La Chorrera. Limita ao norte coa provincia de Colón, ao sur co océano Pacífico; ao leste coa provincia de Panamá e ao oeste coa provincia de Coclé.[1]

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Panamá Oeste

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 8°54′N 79°48′O / 8.9, -79.879°48′O / 8.9, -79.8
EstadoPanamá Editar o valor em Wikidata
CapitalLa Chorrera Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación464.038 (2010) Editar o valor em Wikidata (161,12 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.880 km² Editar o valor em Wikidata
Creación1 de xaneiro de 2014 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2PA-10 Editar o valor em Wikidata

Historia

A provincia de Panamá Oeste foi creada mediante a Lei 119 do 30 de decembro de 2013, a cal converteu a antiga rexión da provincia de Panamá nunha nova provincia, a provincia de Panamá Oeste. Empezou a funcionar formalmente o 1 de xaneiro de 2014.[1]

Para o establecemento dos símbolos representativos da provincia, en 2015, realizouse un estudo por parte dunha comisión técnica, e por medio dun concurso, escolleuse o deseño de Olivares Becerra para a bandeira da nova provincia, e para o deseño do escudo escolleu o deseño de David Isai Tiffer Rangel. A bandeira estaría composta polas cores verde, amarela e branca, acompañadas de 5 estrelas que representan os 5 distritos da provincia, o escudo estaría composto de catro cuadrantes, cun lema no seu centro que di “Traballar xuntos polo progreso”. Ambos os símbolos foron finalmente presentados polo gobernador da provincia de Panamá Oeste Javier Herrera.[2]

Listaxe de Gobernadores

  • Javier Herrera (2014 - 2019)[3]
  • Nora Escala (2019 - 2020)
  • Sindy Smith (2020 - Presente)[4]

Xeografía

Aspecto físico

Mapa físico de Panamá Oeste.

A provincia de Panamá Oeste está situada na costa do océano Pacífico, á beira occidental da canle de Panamá. A máxima altitude é o Cerro Trinidad (1300 msnm).

Áreas protexidas

Panamá Oeste ten unha área protexida, o parque nacional Altos de Campana, que se atopa no distrito de Capira e conta cunha superficie de 4.925 hectáreas. Campana foi fundado en 1966 como o primeiro parque nacional de Panamá.[5]

Organización administrativa

A provincia de Panamá Oeste está dividida en cinco distritos que á súa vez están divididos en correxementos:[1]

Distritos y corregimientos de Panamá Oeste
DistritosCorrexementosCabeceira de distrito
ArraijánArraiján, Burunga, Cerro Silvestre, Juan Demóstenes Arosemena, Nuevo Emperador, Santa Clara, Veracruz, Vista AlegreArraiján
CapiraCapira, Caimito, Campana, Cermeño, Cirí de Los Sotos, Cirí Grande, El Cacao, La Trinidad, Las Ollas Arriba, Lídice, Villa Carmen, Villa Rosario, Santa RosaCapira
ChameChame, Bejuco, Buenos Aires, Cabuya, Chicá, El Líbano, Las Lajas, Nueva Gorgona, Punta Chame, Sajalices e SoráChame
La ChorreraBarrio Balboa, Barrio Colón, Amador, Arosemena, El Arado, El Coco, Feuillet, Guadalupe, Herrera, Hurtado, Iturralde, La Represa, Los Díaz, Mendoza, Obaldía, Playa Leona, Puerto Caimito, Santa RitaBarrio Balboa
San CarlosSan Carlos, El Espino, El Higo, Guayabito, La Ermida, La Laguna, Las Uvas, Los Llanitos, San JoséSan Carlos

Demografía

De acordo coa Contraloría Xeral da República, en 1990, Arraiján tiña unha poboación de 61,849 habitantes, 20 anos despois, a mesma incrementouse a 220,779; La Chorrera rexistrou, en 1990, un total de 89,780 residentes, e en 2010 a cifra creceu a 161,470; Capira tiña unha poboación de 28,303 habitantes, a cal aumentou en 10,300 dúas décadas despois. Pola súa banda, Chame tiña unha poboación, en 1990, de 15,152 residentes, e en 2010 empadroáronse nese distrito 24,471 persoas, mentres que en San Carlos foron censados 12,443 moradores en 1990, cifra que en 2010 subiu a 18,920. A poboación xeral nos cinco distritos do oeste desde 1990 até 2010 aumentou de 207,527 en 1990 a 464,038 habitantes, cifra que segundo a mesma Contraloría, no 2014, era de 510,489 habitantes.[6]

Economía

A agricultura, a gandaría e a pesca son as actividades primarias máis importantes na provincia. Adicionalmente, nas localidades de Veracruz, Puerto Caimito e Vacamonte, onde se sitúa un porto, hai grande actividade pesqueira. En Chorrera, hai unha industria ben desenvolvida, enfocada na produción de piña.

Aeroporto Internacional Panamá Pacífico.

En Arraiján encóntranse a Zona Marítima de Petróleo e a Zona Libre de Howard (Panamá Pacífico) que é un importante polo industrial e comercial internacional. Esta zona tamén conta co Aeroporto Internacional Panamá Pacífico. Adicionalmente, as localidades de Arraiján, Vista Alegre, La Chorrera e Capira tiveron un auxe económico coa apertura de centros comerciais, supermercados, almacéns, restaurantes e bancos, que responden ao crecemento demográfico destas localidades como cidades dormitorio da capital.

En Veracruz, Chame e San Carlos desenvólvese a industria turística, con diversos hoteis de praia. En Capira e Chame, desenvólvese o turismo ecolóxico, sobre todo nas zonas montañosas do parque nacional Campana.

Notas