Protelytroptera

Os Protelytroptera constitúen unha orde extinguida de insectos que se cre que son un grupo troncal a partir do cal evolucionaron os modernos Dermaptera (cadelas de frade). Estes insectos, que lembran en aspecto aos modernos Blattodea (cascudas), coñécense desde o Permiano de Norteamérica, Europa e Australia, por fósiles que se caracterizan por ter ás anteriores modificadas como escudos protectores e un abano anal grande e desigual. Non se coñecen fósiles deste grupo no Triásico, cando tiveron lugar presumiblemente os cambios dos Protelytroptera aos Dermaptera.[1]

Unha filoxenia dos Dermaptera e grupos relacionados.

Notas