Profilaxe post-exposición para o VIH

A profilaxe post-exposición para o VIH (PEP) é un esquema preventivo para evitar a transmisión do VIH logo dunha posible exposición ó virus. Debe iniciarse canto antes logo da situación de risco, xa que a súa eficacia diminúe drasticamente se se comeza máis de 72 horas despois da exposición ó virus. Consiste na toma de antirretrovirais por un período de 28 días.[1]

Tipos de exposición

  • Exposición ocupacional: é o acto de exposición dunha persoa traballadora da saúde ó contacto con fluídos potencialmente infectados con VIH ou a través dunha lesión.
  • Exposición non ocupacional: é o acto de exposición dunha persoa ó contacto co VIH fóra de situacións ocupacionais. Inclúe por exemplo as relacións sexuais sen protección cunha persoa con VIH (violación, rotura de condón), compartir agullas ou outros equipos para o consumo de drogas, ou outro tipo de contactos cos fluídos que transmiten o VIH.[2]

Mecanismo

É un réxime de medicación mediante fármacos antirretrovirais que debe empregarse nas primeiras horas e funciona se se comeza durante as seguintes 72 horas á exposición, aínda que é menos eficaz con cada hora que pasa. Este tratamento prevén a seroconversión da persoa e evita por tanto a infección por VIH.[3][4][5]

Existen guías de administración de PEP para grupos específicos, o tratamento debe ser indicado por unha persoa profesional da saúde de acordo ás características da exposición e da persoa.[2][6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Profilaxis preexposición para o VIH