Profelis

xénero de mamíferos

Profelis é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.[1][2]

É un xénero monotípico, xa que so inclúe unha especie, Profelis aurata.[1][2]

Taxonomía

Descrición

Xénero

O xénero foi descrito en 1827 polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, nun traballo publicado en Revue Mag. Zool. Paris, (2) 10: 386.[1]

Especie

A especie foi desrita en 1827 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck, baixo o nome de Felis aurata.[3]

Etimoloxía

O nome científico Profelis está fomado polo elemento do latín científico pro-, derivado da preposición latina prō, 'diante de', e o substantivo latino fēlis, 'gato'. Literalmente 'o primeiro gato', ou 'o antepasado dos gatos'.

Sinónimos

Ademais de polo nome que lle adxudicou Severtzov, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[1][4]

  • Chrysailurus Severtzov, 1858

Subespecies

Na única especie do xénero recoñécense dúas subespecies:[1][5]

  • Profelis aurata (Temminck, 1827)
    • Profelis aurata aurata (Temminck, 1827)
    • Profelis aurata cottoni (Lydekker, 1907)

Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis

Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[1][6] Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[7]

Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[8] E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[9]

Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata.[10] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:

Filoxenia

Desde 2006, as relacións filoxenéticas do caracal e outros gatos relacionados establecéronse como se indica a continuación:[8][11]

Pardofelis

Gato marmorado (P. marmorata)

Catopuma

Gato rubio de Borneo (Catopuma badia)

Catopuma temminckii

 

Caracal
(liñaxe)
Leptailurus

Serval (L. serval)

Caracal

Caracal (Caracal caracal)

Caracal aurata

lineage

Leopardus

Lynx

Acinonyx

Puma

Otocolobus

Prionailurus

Felis

Pero aínda hoxe moitos autores, como vimos, recoñecen a Profelis como xénero independente.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas