Primeiro ministro de Groenlandia

O primeiro ministro de Groenlandia (en groenlandés: Naalakkersuisut siulittaasuat; que quere dicir literalmente "líder do goberno")[1] é o xefe do goberno de Groenlandia, un país constituínte do Reino de Dinamarca. Polo xeral, o primeiro ministro é o líder do partido maioritario no Inatsisartut (o Parlamento de Groenlandia). Jonathan Motzfeldt converteuse no primeiro primeiro ministro despois de que en 1979 se lle concedese a autonomía a Groenlandia. Dende abril de 2021, o primeiro ministro é Múte Bourup Egede.

Múte Bourup Egede, primeiro ministro de Groenlandia dende abril de 2021.

Lista de primeiros ministros de Groenlandia

ImaxeNome
(nado–finado)
GobernoPartido políticoElixidoGabinete(s)
Tomou posesiónFin do cargoTempo no cargo
1 Jonathan Motzfeldt
(1938–2010)
1 de maio de 197918 de marzo de 199111 anos, 321 díasSiumut1979
1983
1984
1987
Motzfeldt I–II–III–IV
2Lars-Emil Johansen
(nado en 1946)
18 de marzo de 199119 de setembro de 19976 anos, 185 díasSiumut1991
1995
Johansen
(1) Jonathan Motzfeldt
(1938–2010)
19 de setembro de 199714 de decembro de 20025 anos, 86 díasSiumut1999Motzfeldt V–VI
3 Hans Enoksen
(nado en 1956)
14 de decembro de 200212 de xuño de 20096 anos, 180 díasSiumut2002
2005
Enoksen I–II
4 Kuupik Kleist
(nado en 1958)
12 de xuño de 20095 de abril de 20133 anos, 297 díasInuit Ataqatigiit2009Kleist I–II
5 Aleqa Hammond
(nada en 1965)
5 de abril de 201330 de setembro de 20141 ano, 178 díasSiumut2013Hammond
6 Kim Kielsen
(nado en 1966)
30 de setembro de 201423 de abril de 20216 anos, 205 díasSiumut2014
2018
Kielsen I–II–III–IV–V–VI–VII–VIII
7 Múte Bourup Egede
(nado en 1987)
23 de abril de 2021No cargoInuit Ataqatigiit2021Egede I–II

Liña de tempo

Múte Bourup EgedeKim KielsenAleqa HammondKuupik KleistHans EnoksenJonathan MotzfeldtLars-Emil JohansenJonathan Motzfeldt

Notas