Primeira división española 1933/34


A tempada 1933/34 da Primeira división española foi a sexta edición do torneo. Celebrouse entre o 5 de novembro de 1933 e o 4 de marzo de 1934.O Athletic Club conquistou o seu terceiro título de liga e confirmouse como o equipo máis laureado na curta historia do torneo.

Modelo:Competición deportivaPrimeira división española 1933/34
TipoPrimeira División Española Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol Editar o valor em Wikidata
Liga inferiorSegunda división española 1933/34 Editar o valor em Wikidata
Número de participantes10 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Período de tempotempada 1933-1934 Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo5 de novembro de 1933 – 4 de marzo de 1934 Editar o valor em Wikidata
Número de edición6 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoAthletic Club Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos90 Editar o valor em Wikidata
Goles378 Editar o valor em Wikidata

Tomaron parte na competición dez clubs. Nesta tempada debutou o Oviedo FC. Ningún equipo galego disputou a categoría.

A ampliación a doce equipos

Na asemblea da Federación Española, celebrada antes de iniciarse o campionato, expúxose a ampliación da Primeira División a catorce clubs na tempada 1934/35. Os catro novos equipos debían saír de Segunda División, baseándose na clasificación final desta tempada máis a aplicación dun coeficiente en función das clasificacións dos cinco últimos anos -desde a creación a liga- o que daba o ascenso ao Athletic de Madrid, Sevilla FC, Murcia FC e Unión de Irún. A proposta tamén obrigaba ao último clasificado de Primeira División desta tempada, o Arenas de Getxo, a disputar a súa praza nunha liguiña de promoción co quinto clasificado de Segunda, o Sporting de Gijón, e os dous campións de Terceira, o Valladolid Deportivo e o Elche FC.

A pesar das discrepancias de varios clubs, o relatorio para a ampliación a catorce equipos foi finalmente aceptada pola Federación o 17 de maio de 1934.[1] Iso provocou a retirada dos tres equipos que debían disputar a promoción: Arenas, Valladolid e Elche. Para substituílos, a FEF designou como substitutos ao sexto e sétimo de Segunda, o Celta de Vigo e o Deportivo Alavés, xunto co terceiro clasificado de Terceira División, o Zaragoza. Tras a renuncia dos alaveses, foi o Celta o equipo que logrou unha praza en Primeira.

Con todo, nunha polémica asemblea celebrada o 20 de xullo, ao termo da tempada, os clubs acordaron finalmente que a ampliación fose a doce equipos e non a catorce. Acordouse tamén que o campión e o subcampión desta tempada en Segunda División, Sevilla FC e Athletic de Madrid, fosen os que ascendesen directamente a Primeira, rexeitando así os ascensos obtidos por Murcia FC e Unión de Irún. Para rematar, anulouse tamén a promoción gañada polo Celta de Vigo, mantendo o Arenas a súa praza en Primeira.[2]

Clasificación final

PosEquipoXGEPGFGCDGPtos
1Athletic Club de Bilbao18112561273424
2Madrid FC18102641291222
3Racing de Santander189183839-119
4Betis Balompié189182936-719
5Donostia FC187472933-418
6Oviedo FC188285145618
7Valencia FC187382838-1017
8CD Español187384142-117
9FC Barcelona1880104240216
10Arenas de Getxo1834111118-910

Ascenso a Primeira División

O Sevilla FC ascende a Primeira División tras resultar campión de Segunda División, xunto co Atlético de Madrid, que foi subcampión.

Resultados

AreAthBarBetDonEspMadOviRacVal
Arenas G.2-03-10-10-01-23-31-12-11-2
Athletic Bilbao9-06-15-02-15-05-16-23-16-2
FC Barcelona4-02-15-14-05-01-22-06-35-2
Betis B.2-01-31-01-13-12-14-22-12-1
Donostia CF4-13-02-03-23-30-33-12-13-1
CD Español6-21-43-23-14-02-25-25-02-2
Madrid FC2-13-04-00-12-03-25-11-03-2
Oviedo FC7-02-27-34-33-23-13-23-17-0
Racing Santander4-13-23-14-11-13-14-34-32-1
Valencia FC0-02-22-02-14-11-02-11-01-2

Premios individuais

Máximos goleadores

Pos.XogadorEquipoGoles
Isidro LángaraOviedo FC27
Francisco IriondoCD Español18
Agustín Sauto, 'Bata'Athletic Club15
Guillermo GorostizaAthletic Club15
José IraragorriAthletic Club14

Porteiro menos goleado

  • Gregorio Blasco, do Athletic de Bilbao, encaixou 21 goles en 14 partidos, obtendo unha media de 1,5 goles por partido.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas