Primeira división española de fútbol

máxima categoría da liga española de fútbol masculino
(Redirección desde «Primeira división española»)

O Campionato Nacional de Liga de Primeira División, máis coñecido como Primeira División e debido a motivos de patrocinio como LaLiga EA Sports, é a máxima categoría masculina da liga española de fútbol e a principal competición a nivel de clubs de España. É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.

Modelo:Competición deportivaPrimeira división española de fútbol
Editar o valor em Wikidata
Tipoliga de fútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorLiga Nacional de Fútbol Profesional Editar o valor em Wikidata
Parte deLigas de fútbol de España e Liga Nacional de Fútbol Profesional Editar o valor em Wikidata
Liga inferiorSegunda División Española Editar o valor em Wikidata
Número de participantes20 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia1929 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadaagostomaio Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosReal Madrid Club de Fútbol (36), 2024 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficiallaliga.com… Editar o valor em Wikidata
Facebook: LaLiga Twitter: LaLiga Instagram: laliga VK: laliga LinkedIn: laliga Youtube: UCTv-XvfzLX3i4IGWAm4sbmA TikTok: laliga Editar o valor em Wikidata

A Primeira División é, xunto coa Segunda División, unha das dúas únicas categorías con status profesional en España, baixo o amparo da LFP. Está considerada unha das cinco grandes ligas europeas[1], ocupando o primeiro posto do coeficiente UEFA por diante da Premier League inglesa, a Serie A italiana, a Bundesliga alemá e a Ligue 1 francesa. Por outra parte, é considerada como a mellor liga do mundo segundo o ránking anual oficial da IFFHS[2], posto que ocupa de manera consecutiva dende 2010. É, ademais, o segundo campionato nacional con máis títulos en competicións internacionais a nivel mundial e o primeiro de Europa, cun total de 78 títulos conseguidos por 9 clubs.

Un total de 63 equipos pasaron pola categoría ao longo da súa historia, sendo campións só 9 equipos. Real Madrid e Barcelona son os claros dominadores do torneo con 34 e 26 ligas respectivamente. Os outros sete campións son Atlético de Madrid (11), Athletic (8), Valencia (6), Real Sociedad (2) e Deportivo, Sevilla e Betis (1).

Historia

Arranque e primeiras décadas

En abril de 1927, José María Acha, adestrador do Arenas Club de Getxo, propuxo a creación dunha liga nacional en España. Despois de moito debate sobre o tamaño da liga e quen ía participar, a Real Federación Española de Fútbol chegou a un acordo sobre os dez equipos que formarían a primeira tempada da Primeira División en 1929. Barcelona, Real Madrid, Athletic de Bilbao, Real Sociedad, Arenas de Getxo e Real Unión foron seleccionados como gañadores anteriores da Copa de España; Atlético de Madrid, Espanyol e Europa como subcampións, e o Racing de Santander, como gañador dunha eliminatoria. Só tres dos clubs fundadores, Real Madrid, Barcelona e Athletic, nunca baixaron a Segunda División.

Aínda que o Barcelona gañou a primeira liga en 1929 e o Real Madrid gañou os seus primeiros títulos en 1932 e 1933, foi o Athletic de Bilbao, o que definiu o ritmo inicial gañador da Primeira División, proclamándose campión en 1930, 1931, 1934 e 1936. Ademais foron subcampións en 1932 e 1933. En 1935, o Real Betis, entón coñecido como Betis Balompié, gañou o seu único título ata hoxe. A Primeira División foi suspendida durante a Guerra civil española.

En 1937, os equipos da zona republicana de España, coa excepción notábel dos dous clubs de Madrid, participaron no campionato Mediterráneo e o FC Barcelona proclamouse campión. Setenta anos despois, o 28 de setembro de 2007, o Barcelona solicitou á RFEF recoñecer ese título como un título da Liga. Esta acción foi tomada logo de que a federación concedera a Copa da España Libre gañada polo Levante UD en 1937 como equivalente á Copa do Rei.

Cando a Primeira División continuou despois da Guerra civil foron Atlético Aviación (actual Atlético de Madrid), Valencia e Sevilla os equipos máis fortes na categoría. O Atlético Aviación foi premiado cun posto na tempada 1939-40 como substituto para o Real Oviedo, cuxo estadio quedou danado durante a guerra. O equipo proclamouse campión nesa tempada e repetiu título na seguinte. O Valencia gañou os títulos de 1942, 1944 e 1947. Ademais foron subcampións en 1948 e 1949. Finalmente, o Sevilla tamén tivo unha breve época dourada, rematando como subcampión en 1940 e 1942, antes de gañar o seu único título ata a data, en 1946. A finais da década, o Barcelona comezou a emerxer e conseguiu os títulos de 1945, 1948 e 1949.

O inicio do dominio dos dous grandes

A pesar de que o Atlético Aviación de Helenio Herrera foi campión en 1950 e 1951, a década de 1950 viu o inicio do dominio de Real Madrid e Barcelona. Nas primeiras décadas da liga, había impostos polas fichaxes de estranxeiros, e eran poucos os xogadores de fóra de España que xogaban na Liga. Con todo, o Real Madrid e o Barcelona romperon estas regras. Inspirado por Kubala, o Barça conseguiu o título en 1952 e 1953. Di Stéfano, Puskás e Paco Gento formaron o núcleo do Real Madrid que dominou a segunda metade da década. O club gañou os títulos de 1954 e 1955. O equipo foi tamén vencedor en 1957 e 1958, só interrompido por unha liga gañada polo Athletic Club. Durante este período, o Real Madrid tamén gañou cinco títulos europeos consecutivos. O Barcelona, cun equipo adestrado por Helenio Herrera e co galego Luis Suárez gañou o título en 1959 e 1960.

Entre 1961 e 1980, o Real Madrid dominou a Primeira División sendo coroado campión en 14 ocasións. Isto inclúe un período de cinco ligas consecutivas (1961-1965) e dous de tres (1967-1969 e 1978-1980). Durante esta época só destacaron os catro títulos do Atlético de Madrid en 1966, 1970, 1973 e 1977. Outros dous clubs, o Valencia en 1971 e o Barcelona con Johan Cruyff en 1974 conseguiron romper o dominio do Real Madrid.

As ligas vascas, a Quinta del Buitre e o Dream Team

A secuencia gañadora do Real Madrid foi pechada de forma máis significativa en 1981, cando a Real Sociedad gañou o primeiro título da súa historia. O equipo donostiarra repetiu en 1982 e logo viñeron dúas ligas gañadas polos seus veciños vascos, o Athletic de Bilbao, en 1983 e 1984. Terry Venables levou ó Barcelona a un título solitario en 1985, antes de que o Real Madrid vencera novamente cinco consecutivas (1986-1990) cun equipo, adestrado por Leo Beenhakker, e con Hugo Sánchez e a lendaria Quinta del Buitre, formada por Emilio Butragueño, Manolo Sanchís, Martín Vázquez, Míchel e Miguel Pardeza.

Johan Cruyff regresou ó Barcelona como adestrador en 1988, e montou o lendario Dream Team. Cruyff introduciu xogadores como Guardiola, José Mari Bakero, Txiki Begiristain, Goikoetxea, Ronald Koeman, Michael Laudrup, Romário e Hristo Stoichkov. Este equipo gañou catro ligas consecutivas entre 1991 e 1994 e gañou a súa primeira Copa de Europa en 1992. Laudrup marchou entón ao eterno rival e acabou a grande época de Cruyff. O Atlético de Madrid gañou a súa novena liga en 1996, antes de que o Real Madrid engadira un trofeo máis á súa historia, en 1997. Despois do éxito de Cruyff, outro neerlandés, Louis van Gaal, chegou ao Camp Nou, e co talento de Luís Figo, Luis Enrique e Rivaldo, o Barcelona volveu gañar o título en 1998 e 1999. Mentres tanto, o Real Madrid tamén tivo éxito na competición continental, sendo gañador da Liga de Campións en 1998.

Século XXI

Partido disputado entre o Deportivo da Coruña e o FC Barcelona na tempada 2016-17.

Cando a Primeira División entrou no novo século, os dous grandes tiveron que afrontar novos retos. Entre 1993 e 2004, o Deportivo da Coruña rematou entre os tres primeiros en dez ocasións, unha marca mellor que calquera Real Madrid ou Barcelona, e en 2000, con Javier Irureta como adestrador, converteuse no noveno equipo en ser campión. O Real Madrid gañou dous títulos de Liga en 2001 e 2003 e tamén a final da Liga de Campións en 2000 e 2002, e gañou o seu terceiro título de liga en 2007, tras unha seca de tres anos. O equipo branco atopou no Valencia ao seu máximo competidor nas dúas competicións. Baixo a dirección de Héctor Cúper, o Valencia chegou á final da Liga de Campións en 2000 e 2001. O seu sucesor, Rafael Benítez, levou ao club ao título de Liga en 2002 e a facer un dobrete de Liga e Copa da UEFA en 2004. A tempada 2004-05 viu un rexurdimento do FC Barcelona con Ronaldinho gañando a primeira liga da década, seguida dun dobrete de Liga e Champions en 2005-06. O Real Madrid gañou a liga nas tempadas 2006-07 e 2007-08, na que o Villarreal foi subcampión. O Barcelona gañou novamente a liga na tempada 2008-09, na que tamén conseguiu o resto de copas, sendo o primeiro equipo da historia en gañar tódalas competicións nun mesmo ano. Na tempada 2009-10 gañou a súa 20ª liga cunha marca histórica de 99 puntos, e na tempada seguinte volveu repetir, sendo a terceira liga consecutiva para os blaugranas. Na tempada 2011-12, o Real Madrid gañou a liga con 100 puntos, superando o récord conseguido polo Barça a tempada anterior. Na tempada 2012-13, o FC Barcelona gaña novamente a liga igualando os 100 puntos do equipo madrileño da tempada anterior.

Sistema de competición

A Primeira División é un torneo organizado e regulado, conxuntamente coa Segunda División, pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP), cuxos membros son os propios clubs participantes.

A competición dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Consta dun grupo único integrado por vinte equipos, pertencentes a clubs de fútbol ou sociedades anónimas deportivas (SAD). Seguindo un sistema de liga, os vinte equipos enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición.

A clasificación final establécese de acordo aos puntos totais obtidos por cada equipo ao finalizar o campionato. Os equipos obteñen tres puntos por cada partido gañado, un punto por cada empate e ningún punto polos partidos perdidos. Se ao finalizar o campionato dous equipos igualan a puntos, os mecanismos para desempatar a clasificación son os seguintes:

  1. O que teña unha maior diferenza entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos.
  2. Se persiste o empate, o que teña a maior diferenza de goles a favor tendo en conta todos os obtidos e recibidos no transcurso da competición.
  3. Se continúan empatados, gaña o que máis goles a favor teña.

Se o empate a puntos é entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate son os seguintes:

  1. A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre si polos clubs implicados.
  2. A maior diferenza de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre si polos clubs implicados.
  3. A maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta todos os encontros do campionato.
  4. O maior número de goles a favor tendo en conta todos os encontros do campionato.
  5. O club mellor clasificado con arranxo aos baremos de xogo limpo.

Efectos da clasificación

PostoClasificación
Clasificados para a fase de grupos da Liga de Campións
Clasificado para o play-off da Liga Europa
Clasificado para a terceira rolda da Liga Europa
7º-17º
18ºDescenden a Segunda División
19º
20º

O equipo que máis puntos suma ao final do campionato é proclamado campión de liga e obterá o dereito automático a participar na fase de grupos da seguinte edición da Liga de Campións da UEFA (Champions League), xunto co subcampión, o terceiro clasificado e o cuarto clasificado. O quinto clasificado obterá o dereito a participar na rolda de play-off da próxima Liga Europa da UEFA (UEFA Europa League) e, o sexto, na terceira eliminatoria da mesma. Se na Copa do Rei o campión está clasificado para a Liga de Campións, o sétimo clasificado obterá o dereito para xogar a terceira rolda previa da seguinte edición da Liga Europa. Ademais, o campión e o subcampión da liga disputan a Supercopa de España, enfrontándose aos finalistas da Copa do Rei desa mesma tempada.

Os tres últimos equipos descenderán á Segunda División e, desta, ascenderán reciprocamente os dous primeiros clasificados e un terceiro vencedor dun sistema de eliminatorias, substituíndo así aos equipos que descendan. O terceiro ascenso desde Segunda División determinado polo sistema de eliminatorias será o vencedor dunha final composta entre o gañador da eliminatoria entre o terceiro e sexto mellor clasificados, e o gañador da eliminatoria entre o cuarto e quinto mellor clasificados. As eliminatorias xogaranse na ida no campo do peor clasificado na competición regular. Este sistema foi introducido na tempada 2010/11, mentres que anteriormente ascendía directamente o terceiro mellor clasificado.

Ata a tempada 1998/99, os dous últimos clasificados descendían directamente a Segunda, e o 17º e o 18º xogaban unha promoción na que se enfrontaban ao terceiro e cuarto clasificado de Segunda División, respectivamente. Os vencedores deses partidos lograban xogar na Primeira División a tempada seguinte e os perdedores tiñan que conformarse con xogar en Segunda.

Na tempada 1986/87, chegouse a xogar un sistema de eliminatorias que, ao termo da tempada regular, dividiu aos equipos en tres grupos de seis conxuntos cada un, conforme á clasificación que obtiveran tras as 34 xornadas ordinarias. Seis loitaron polo título, seis pola Copa da Liga, e os seis loitaron por eludir o descenso. Os puntos conseguidos nas eliminatorias sumáronse aos alcanzados na liga regular.

Inscrición de futbolistas

Os clubs poden aliñar aos futbolistas que previamente sexan inscritos, dispondo dun máximo de 25 fichas federativas. Destas, só tres poden corresponder a futbolistas estranxeiros non comunitarios, é dicir, xogadores cuxa nacionalidade non corresponda aos países da Unión Europea. Nos partidos, estes tres extracomunitarios poden aliñarse simultaneamente.

Existen dous períodos abertos para a inscrición de futbolistas: o primeiro, antes de iniciarse a competición (meses de xullo e agosto) e o segundo a metade de tempada (durante o mes de xaneiro). Fóra destes períodos só se autorizan inscricións, de forma excepcional, se un xogador causa baixa por lesión cun período de inactividade estimado de máis de cinco meses.

Á marxe dos 25 futbolistas profesionais inscritos, os clubs poden aliñar aos xogadores da súa filial e categorías inferiores de forma ilimitada se estes son menores de vinte e tres anos e non teñen licenza profesional. Se, pola contra, son maiores de vinte e tres anos, o regulamento impídelles volver actuar nun equipo de categoría inferior se disputan máis de dez partidos en Primeira División.

Participación de estranxeiros

Inicialmente non estaba autorizada a participación de estranxeiros na Liga; só podían competir os chamados "oriúndos", estranxeiros que se nacionalizaban ou que acreditaban ter antecedentes familiares españois. A "normativa dos oriúndos", con todo, foi obxecto de moitas polémicas e orixe de corruptelas. Por iso, aboliuse finalmente en 1974 e autorizouse a participación de dous estranxeiros por club, feito que incrementou a calidade e atractivo da Liga, comezando coa fichaxe de Johan Cruyff polo FC Barcelona.

Nos anos 1990 autorizouse a participación dun terceiro estranxeiro por equipo, e posteriormente dun cuarto, coa condición de que só tres coincidisen á vez sobre o terreo de xogo. Coa "Sentenza Bosman" de 1995, que abriu as portas da Liga a todos os europeos, reducíronse a tres as prazas de extracomunitarios por club, para protexer os intereses dos xogadores españois.

Déronse varios casos de equipos (máis ben de adestradores) que "omitiron" esta norma. Na tempada 2003-2004 o adestrador do Racing de Santander, Lucas Alcaraz, aliñou na cancha, durante 2 minutos, a 4 extracomunitarios á vez no partido disputado ante Osasuna o 14 de decembro do 2003[3]. Esta acción valeulle ao Racing perder o punto obtido en devandito partido e unha sanción económica, ademais dunha suspensión ao técnico cántabro[4]. Outros casos similares ocorreron na tempada 98-99, con Jorge Valdano en dúas ocasións, unha co Real Madrid en 1994 e a segunda nun partido entre o Valencia CF e o Racing de Santander[5] e con Sergio Kresic nun encontro entre o Real Valladolid e o Real Betis. En outubro do 2001, Rafael Benítez cometeu un erro similar, pero nun partido pola Copa do Rei entre o Valencia CF e o Novelda CF, ao aliñar a 4 extacomunitarios no último minuto [6].

Non existe nin existiu normativa que condicione a nacionalidade dos adestradores.

Xustiza deportiva

As cuestións de xustiza deportiva son competencia da Real Federación Española de Fútbol a través dos seus Comités de Disciplina Deportiva: Comité de Competición, Xuíces de Competición e Comité de Apelación. O Comité de Competición ditamina semanalmente as sancións aos futbolistas. Os xogadores son sancionados cun partido de suspensión en caso de acumular cinco amoestacións ao longo do campionato. Igualmente, son suspendidos aqueles futbolistas expulsados durante un encontro.

Os árbitros de cada partido son designados por unha comisión creada para tal obxectivo e integrada por representantes da LFP e a RFEF.

Participantes

Véxase tamén: Clasificación histórica da Primeira división española de fútbol

Ao longo da historia da competición participaron 63 equipos diferentes, pero só tres permaneceron en Primeira división desde a súa primeira tempada. Os únicos clubs que disputaron todas as tempadas da Liga, sempre en Primeira División, son o Real Madrid, o FC Barcelona e o Athletic Club de Bilbao. Estes tres, xunto con Osasuna, son os únicos que seguen sendo entidades deportivas propiedade dos seus socios, e non Sociedades Anónimas Deportivas propiedade de accionistas.

Ademais dos tres equipos antes mencionados que sempre xogaron en Primeira División, só hai outros seis equipos en España que nunca participasen nunha categoría inferior á Segunda División, participando tamén por tanto sempre no fútbol profesional: Valencia, Atlético de Madrid, Espanyol, Sevilla, Sporting de Xixón e Real Sociedad.

Dende a tempada 1997-98 hai 20 equipos no torneo. Aínda que nos primeiros anos só participaban 10 equipos, máis adiante foise incrementando paulatinamente a cifra ata os actuais 20 equipos, aínda que se chegou ata aos 22 durante as tempadas 1995-96 e 1996-97.

Tempada 2023-24

EquipoCidadeEstadioTempadas en 1ª
Alavés Vitoria-GasteizMendizorrotza17
Almería AlmeríaPower Horse Stadium7
Athletic Club BilbaoSan Mamés93
Atlético de Madrid MadridCívitas Metropolitano87
Barcelona BarcelonaCamp Nou93
Betis SevillaBenito Villamarín58
Cádiz CádizNuevo Mirandilla16
Celta de Vigo VigoAbanca-Balaídos58
Getafe XetafeColiseum Alfonso Pérez19
Girona XironaMontilivi4
Granada GranadaNuevo Los Cármenes27
Las Palmas As Palmas de Gran CanariaGran Canaria35
Mallorca PalmaSon Moix31
Osasuna PamplonaEl Sadar41
Rayo Vallecano MadridVallecas21
Real Madrid MadridSantiago Bernabéu93
Real Sociedad DonostiaReale Arena77
Sevilla SevillaSánchez Pizjuán79
Valencia ValenciaMestalla89
Villarreal Vila-realEstadio de la Cerámica24

Equipos galegos

Un total de 4 equipos galegos pasaron pola Primeira División na súa historia: Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, SD Compostela e Pontevedra CF. Deles, o Deportivo foi o único que se proclamou campión, na tempada 1999-00.

Posto históricoEquipoTempadasMellor postoÚltima tempadaPuntosPXPGPEPPGFGC
11ºCelta de Vigo574º (2002-03)2022-232058192665345781625682949
12ºDeportivo da Coruña451º (1999-00)2017-181843156856940359620902269
40ºSD Compostela410º (1995-96)1997-98190160524563199241
44ºPontevedra CF67º (1965-66)1969-70150180534483165221
Actualizado ata o final da tempada 2022-23.
PX: Partidos xogados; PE: Partidos empatados; PP: Partidos perdidos; GF: Goles a favor; GC: Goles en contra.

Historial

Temp.PXCampiónPtsSubcampiónPtsTerceiroPtsPichichiGZamoraG
1928-291018FC Barcelona (1ª)25Real Madrid23Athletic20 Bienzobas14 Zamora24
1929-301018Athletic (1ª)30FC Barcelona23Arenas Getxo20 Gorostiza19 Blasco20
1930-311018Athletic (2ª)22Racing22Real Sociedad22 Bata27 Zarraonaindia27
1931-321018Real Madrid (1ª)28Athletic25FC Barcelona24 Gorostiza12 Zamora15
1932-331018Real Madrid (2ª)28Athletic26RCD Espanyol22 Olivares16 Zamora17
1933-341018Athletic (3ª)24Real Madrid22Racing de Santander19 Lángara27 Blasco21
1934-351222Real Betis (1ª)34Real Madrid33Real Oviedo26 Lángara26 Urquiaga19
1935-361222Athletic (4ª)31Real Madrid29Real Oviedo28 Isidro Lángara27 Blasco30
1939-401222At.Aviación (1ª)29Sevilla FC28Athletic26 Unamuno26 Tabales29
1940-411222At. Aviación (2ª)33Athletic31Valencia CF27 Pruden30 Echevarría21
1941-421426Valencia CF (1ª)40Real Madrid33At.Aviación33 Mundo27 Acuña37
1942-431426Athletic (5ª)36Sevilla FC33FC Barcelona32 M. Martín32 Acuña31
1943-441426Valencia CF (2ª)40At.Aviación34Sevilla FC32 Mundo27 Eizaguirre32
1944-451426FC Barcelona (2ª)39Real Madrid38At. Aviación31 Zarra19 Eizaguirre28
1945-461426Sevilla FC (1ª)36FC Barcelona35Athletic33 Zarra24 Bañón29
1946-471426Valencia CF (3ª)34Athletic34Atlético32 Zarra34 Lezama29
1947-481426FC Barcelona (3ª)37Valencia CF34Atlético33 Pahiño23 Velasco31
1948-491426FC Barcelona (4ª)37Valencia CF35Real Madrid34 César29 Domingo28
1949-501426Atlético (3ª)33Deportivo32Valencia CF31 Zarra25 Acuña29
1950-511630Atlético (4ª)40Sevilla FC38Valencia CF37 Zarra38 Acuña36
1951-521630FC Barcelona (5ª)43Athletic40Real Madrid38 Pahiño28 Ramallets40
1952-531630FC Barcelona (6ª)42Valencia CF40Real Madrid39 Zarra24 Domingo34
1953-541630Real Madrid (3ª)40FC Barcelona36Valencia CF34 Di Stéfano27 Menéndez22
1954-551630Real Madrid (4ª)46FC Barcelona41Athletic39 Arza28 Juanito Alonso24
1955-561630Athletic (6ª)48FC Barcelona47Real Madrid38 Di Stéfano24 Ramallets24
1956-571630Real Madrid (5ª)44Sevilla FC39FC Barcelona39 Di Stéfano31 Ramallets35
1957-581630Real Madrid (6ª)45Atlético42FC Barcelona38 Di Stéfano
Ricardo
Badenes
19 Goyo28
1958-591630FC Barcelona (7ª)51Real Madrid47Athletic36 Di Stéfano23 Ramallets23
1959-601630FC Barcelona (8ª)46Real Madrid46Athletic39 Puskás26 Ramallets24
1960-611630Real Madrid (7ª)52Atlético40Real Zaragoza33 Puskás27 Vicente25
1961-621630Real Madrid (8ª)43FC Barcelona40Atlético36 Seminario25 Araquistáin19
1962-631630Real Madrid (9ª)49Atlético37Real Oviedo33 Puskás26 Vicente26
1963-641630Real Madrid (10ª)46FC Barcelona42Betis37 Puskás20 Vicente10
1964-651630Real Madrid (11ª)47Atlético43Real Zaragoza40 Cayetano Re25 Betancort15
1965-661630Atlético (5ª)44Real Madrid43FC Barcelona38 Vavá19 Pesudo15
1966-671630Real Madrid (12ª)47FC Barcelona42RCD Espanyol37 Waldo24 Betancort15
1967-681630Real Madrid (13ª)42FC Barcelona39Las Palmas38 Uriarte22 Junquera19
1968-691630Real Madrid (14ª)47Las Palmas38FC Barcelona36 Amancio
Gárate
14 Sadurní18
1969-701630Atlético (6ª)42Athletic41Sevilla FC35 Amancio
Gárate
Luis
16 Iribar20
1970-711630Valencia CF (4ª)43FC Barcelona43Atlético42 Rexach

Gárate

17 A. Abelardo19
1971-721834Real Madrid (15ª)47Valencia CF45FC Barcelona43 Porta20 Deusto17
1972-731834Atlético (7ª)48FC Barcelona46RCD Espanyol45 Marianín19 Reina21
1973-741834FC Barcelona (9ª)50Atlético42Real Zaragoza40 Quini20 Sadurní22
1974-751834Real Madrid (16ª)50Real Zaragoza38FC Barcelona37 Carlos19 Sadurní19
1975-761834Real Madrid (17ª)48FC Barcelona43Atlético42 Quini18 Miguel Ángel23
1976-771834Atlético (8ª)46FC Barcelona45Athletic38 Kempes24 Reina29
1977-781834Real Madrid (18ª)47FC Barcelona41Athletic40 Kempes28 Artola23
1978-791834Real Madrid (19ª)47Sporting43Atlético41 Krankl29 Manzanedo23
1979-801834Real Madrid (20ª)53Real Sociedad52Sporting39 Quini24 Arconada20
1980-811834Real Sociedad (1ª)45Real Madrid45Atlético42 Quini20 Arconada29
1981-821834Real Sociedad (2ª)47FC Barcelona45Real Madrid44 Quini26 Arconada33
1982-831834Athletic (7ª)50Real Madrid49Atlético46 Rincón22 Agustín22
1983-841834Athletic (8ª)49Real Madrid49FC Barcelona48 Juanito
Da Silva
17 Urruti26
1984-851834FC Barcelona (10ª)53Atlético43Athletic41 H.Sánchez19 Ablanedo22
1985-861834Real Madrid (21ª)56FC Barcelona45Athletic43 H.Sánchez22 Ablanedo27
1986-871844*Real Madrid (22ª)66FC Barcelona63RCD Espanyol51 H.Sánchez34 Zubizarreta29
1987-882038Real Madrid (23ª)62Real Sociedad51Atlético48 H. Sánchez29 Buyo23
1988-892038Real Madrid (24ª)62FC Barcelona57Valencia CF49 Baltazar35 Ochotorena25
1989-902038Real Madrid (25ª)62Valencia CF53FC Barcelona51 H. Sánchez38 Ablanedo25
1990-912038FC Barcelona (11ª)57Atlético47Real Madrid46 Butragueño19 Abel17
1991-922038FC Barcelona (12ª)55Real Madrid54Atlético53 Manolo27 Buyo27
1992-932038FC Barcelona (13ª)58Real Madrid57Deportivo54 Bebeto29 Francisco Liaño
Cañizares
31
30
1993-942038FC Barcelona (14ª)56Deportivo56Real Zaragoza46 Romário30 Francisco Liaño18
1994-952038Real Madrid (26ª)55Deportivo51Betis46 Zamorano28 Jaro25
1995-962242Atlético (9ª)87Valencia CF83FC Barcelona80 Pizzi31 Molina32
1996-972242Real Madrid (27ª)92FC Barcelona90Deportivo77 Ronaldo34 Jacques Songo'o28
1997-982038FC Barcelona (15ª)74Athletic65Real Sociedad63 Vieri24 Toni31
1998-992038FC Barcelona (16ª)79Real Madrid68RCD Mallorca66 Raúl25 Roa29
1999-002038Deportivo (1ª)69FC Barcelona64Valencia CF64 Salva27 Martín Herrera37
2000-012038Real Madrid (28ª)80Deportivo73RCD Mallorca71 Raúl24 Cañizares34
2001-022038Valencia CF (5ª)75Deportivo68Real Madrid66 Tristán21 Cañizares23
2002-032038Real Madrid (29ª)78Real Sociedad76Deportivo72 Makaay29 Cavallero27
2003-042038Valencia CF (6ª)77FC Barcelona72Deportivo71 Ronaldo24 Cañizares25
2004-052038FC Barcelona (17ª)84Real Madrid80Villarreal65 Diego Forlán25 V. Valdés25
2005-062038FC Barcelona (18ª)82Real Madrid70Valencia CF69 Samuel Eto'o26 Pinto28
2006-072038Real Madrid (30ª)76FC Barcelona76Sevilla FC71 Ruud van Nistelrooy25 Abbondanzieri30
2007-082038Real Madrid (31ª)85Villarreal77FC Barcelona67 Dani Güiza27 Iker Casillas32
2008-092038FC Barcelona (19ª)87Real Madrid78Sevilla FC70 Diego Forlán32 V. Valdés31
2009-102038FC Barcelona (20ª)99Real Madrid96Valencia CF71 Messi34 V. Valdés24
2010-112038FC Barcelona (21ª)96Real Madrid92Valencia CF71 Cristiano Ronaldo41 V. Valdés16
2011-122038Real Madrid (32ª)100FC Barcelona91Valencia CF61 Messi50 V. Valdés28
2012-132038FC Barcelona (22ª)100Real Madrid85Atlético76 Messi46 Thibaut Courtois29
2013-142038Atlético (10ª)90FC Barcelona87Real Madrid87 Cristiano Ronaldo31 Thibaut Courtois24
2014-152038FC Barcelona (23ª)94Real Madrid92Atlético78 Cristiano Ronaldo48 Claudio Bravo19
2015-162038FC Barcelona (24ª)91Real Madrid90Atlético88 Luis Suárez48 Jan Oblak18
2016-172038Real Madrid (33ª)93FC Barcelona90Atlético78 Messi37 Jan Oblak21
2017-182038FC Barcelona (25ª)93Atlético79Real Madrid76 Messi34 Jan Oblak22
2018-192038FC Barcelona (26ª)87Atlético76Real Madrid68 Messi36 Jan Oblak27
2019-202038Real Madrid (34ª)87FC Barcelona82Atlético70 Messi25 Thibaut Courtois20
2020-212038Atlético (11ª)86Real Madrid84FC Barcelona79 Messi30 Jan Oblak25
2021-222038Real Madrid (35ª)86FC Barcelona73Atlético71 Karim Benzema27 Yassine Bounou24
2022-232038FC Barcelona (27ª)88Real Madrid78Atlético77 Lewandowski23 Ter Stegen18

Palmarés

A pesar de que 63 equipos diferentes disputaron a Primeira División, ata agora só foron capaces de gañar o torneo nove clubs: Real Madrid en 34 ocasións; FC Barcelona, en 26; Atlético de Madrid, en 11; Athletic de Bilbao, en 8; Valencia CF, en 6; Real Sociedad, en 2 e Real Betis, Sevilla FC e Deportivo da Coruña, nunha.

Aínda así, dous equipos, Barcelona e Real Madrid, acapararon 31 dos últimos 37 campionatos de liga. Esta hexemonía repítese noutras ligas internacionais, a liga portuguesa, onde Benfica e Porto foron campións en 35 das últimas 39 tempadas; a liga exipcia, onde destaca o Al-Ahly con 42 dos 62 campionatos; a Premier League escocesa, onde Celtic e Rangers reúnen 106 dos 124 títulos (incluíndo os últimos 36); a Serie A italiana, na que Inter e Juventus suman 15 dos últimos 16 títulos; ou a Bundesliga alemá, con 17 dos últimos 23 títulos para o Bayern München.

Por equipos

Pos.EquipoCampiónSubcampiónTítulos (anos)
1Real Madrid35251931-32, 1932-33, 1953-54, 1954-55, 1956-57, 1957-58, 1960-61, 1961-62, 1962-63, 1963-64, 1964-65, 1966-67, 1967-68, 1968-69, 1971-72, 1974-75, 1975-76, 1977-78, 1978-79, 1979-80, 1985-86, 1986-87, 1987-88, 1988-89, 1989-90, 1994-95, 1996-97, 2000-01, 2002-03, 2006-07, 2007-08, 2011-12, 2016-17, 2019-20 e 2021-22
2FC Barcelona27271928-29, 1944-45, 1947-48, 1948-49, 1951-52, 1952-53, 1958-59, 1959-60, 1973-74, 1984-85, 1990-91, 1991-92, 1992-93, 1993-94, 1997-98, 1998-99, 2004-05, 2005-06, 2008-09, 2009-10, 2010-11, 2012-13, 2014-15, 2015-16, 2017-18, 2018-19 e 2022-23
3Atlético de Madrid111101939-40, 1940-41, 1949-50, 1950-51, 1965-66, 1969-70, 1972-73, 1976-77, 1995-96, 2013-14 e 2020-21
4Athletic Club881929-30, 1930-31, 1933-34, 1935-36, 1942-43, 1955-56, 1982-83 e 1983-84
5Valencia661941-42, 1943-44, 1946-47, 1970-71, 2001-02 e 2003-04
6Real Sociedad231980-81 e 1981-82
7Deportivo151999-00
8Sevilla141945-46
9Betis101934-35
10Racing de Santander01
Las Palmas01
Sporting de Gijón01
Zaragoza01
Villarreal01
1. Inclúe os datos do Atlético Aviación.

Trofeos en propiedade

O trofeo da Liga entrégase ao club campión, que a conserva durante un ano, ata cedela ao campión da seguinte edición. Logo de devolvela, os clubs só poden exhibir nas súas vitrinas unha copia a escala reducida do orixinal. Con todo, o equipo que consegue gañar en cinco ocasións alternas ou tres consecutivas o mesmo trofeo, queda con el en propiedade; e comézase un novo ciclo pondo todos os contadores de títulos a cero (é dicir, os títulos conseguidos anteriormente por outros equipos non son acumulables). A partir da tempada 2011-12 estará en disputa o undécimo trofeo, habéndose repartido tres clubs a propiedade dos dez anteriores:

  • O Real Madrid é propietario de 5 trofeos de liga, do terceiro (1953-61) ao sétimo (1979-88).
  • O FC Barcelona é propietario de 4 trofeos, o segundo (1943-53), oitavo (1988-93), noveno (1993-2006) e décimo (2007-2011).
  • O Athletic Club gañou en propiedade o primeiro trofeo (disputado entre 1929 e 1943).

Estatísticas

Equipos

Partidos consecutivos:

Máis goles:

Xogadores

Andoni Zubizarreta, o xogador que máis partidos de liga disputou
RécordPrimeiroSegundoTerceiro
Máis partidos Andoni Zubizarreta
622 partidos
Raúl González
550 partidos
Joaquín Sánchez
544 partidos
Máis goles Messi
438 goles en 474 partidos
Cristiano Ronaldo
311 goles en 292 partidos
Zarra
251 goles en 277 partidos
Máis títulos Gento
12 ligas en 19 tempadas
Messi
10 ligas en 15 tempadas
Pirri
10 ligas en 17 tempadas
Goleador máis novo Fabrice Olinga
16 anos e 98 días
Iker Muniain
16 anos e 289 días
Ansu Fati
16 anos e 304 días
Goleador con máis idade Donato Gama
40 anos e 138 días
César Rodríguez
40 anos
Alfredo Di Stéfano
39 anos e 231 días
Debutante máis novo Sansón
15 anos e 255 días
Pedro Irastorza
15 anos e 288 días
Óscar Ramón
15 anos e 289 días
Debutante con máis idade Harry Lowe
48 anos e 226 días
Stipe Pletikosa
37 anos e 54 días
Florentino Sion
36 anos e 55 días

Máximos goleadores

Pos.NomeEquipo(s)AnosGolesPartidosGoles/Part.
1 Lionel MessiBarcelona2004–20214745200.91
2 Cristiano RonaldoReal Madrid2009–20183112921.07
3 Telmo ZarraAthletic1940–19552512780.90
4 Karim BenzemaReal Madrid2009–20232384390.54
5 Hugo SánchezAtlético de Madrid, Real Madrid e Rayo Vallecano1981–19942343470.67
6 RaúlReal Madrid1994–20102285500.41
7 Alfredo Di StéfanoReal Madrid e Espanyol1953–19662273290.69
8 César RodríguezGranada, Barcelona, Cultural Leonesa e Elche1939–19552233530.63
9 QuiniSporting de Gijón e Barcelona1970–19872194480.49
10 PahiñoCelta, Real Madrid e Deportivo1943–19562102780.76

Adestradores

RécordPrimeiroSegundoTerceiro
Máis títulos Miguel Muñoz
9 ligas en 13 tempadas
Johan Cruyff
4 ligas en 8 tempadas
Helenio Herrera
4 ligas en 14 tempadas
Máis partidos Luis Aragonés
757 part en 25 tempadas
Javier Irureta
612 part en 19 tempadas
Miguel Muñoz
608 part en 21 tempadas

Árbitros

RécordPrimeiroSegundoTerceiro
Máis partidos Alberto Undiano Mallenco
348 partidos
Eduardo Iturralde González
291 partidos
Miguel Ángel Pérez Lasa
276 partidos

Notas

Véxase tamén

Outros artigos