9ª edición dos Premios Mestre Mateo

(Redirección desde «Premios Mestre Mateo 2010»)

A 9ª edición dos Premios Mestre Mateo galardoou ás producións audiovisuais de Galicia de 2010 e celebrouse o 17 de abril de 2011. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 29 categorías. A cerimonia celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense. Os presentadores foron Belén Regueira e Xosé Antonio Touriñán. Nesta edición de 2011, na que se entregan os premios aos mellores proxectos desenvolvidos durante o ano 2010, presentáronse 130 traballos, 330 profesionais e 103 produtoras.

Auditorio Municipal de Ourense, onde se celebrou a gala.

O martes 15 de marzo de 2011 déronse a coñecer os finalistas[1], destacando 18 comidas, dirixida polo lucense Jorge Coira, nomeada en 16 categorías. Con 14 candidaturas contou Retornos, de Luis Avilés Baquero, que ao igual que a película de Coira opta, entre elas, á de mellor longametraxe e mellor dirección. Crebinsky competiu en 12 categorías, Mar libre en 9, Matalobos en 7 e Padre Casares en 3[2].

Xosé Manuel Olveira "Pico", presidente da Academia Galega do Audiovisual, deu a coñecer os gañadores do Premio Revelación Chano Piñeiro e do Premio de Honra Fernando Rey, concedidos respectivamente a Óliver Laxe e Luís Tosar, respectivamente[3].

Premios

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[4]

Jorge Coira, mellor director
Miguel de Lira, mellor actor
María Vázquez, mellor actriz.
Xosé Manuel Olveira "Pico", mellor actor secundario
María Bouzas, mellor actriz secundaria
Roberto Vilar, mellor comunicador.
Mellor filmeMellor director
Mellor filme para televisiónMellor filme documental
  • Mar libre – Ficción Producciones e TVG
    • Voltar á casa – Formato Producciones e Ikiru Films
  • Jazz en liberdade – Matriuska Producciones
    • Man Fred, home sen paz – Infernos TV
    • Roger de Flor. Naturalidade silvestre – Carlos Alberto Alonso e Rubén Coca P.C.
Mellor actorMellor actriz
Mellor actor secundarioMellor actriz secundaria
Mellor guiónMellor realizador
  • Matalobos – Jorge Saavedra Mancebo e Iván Seoane
    • Land Rober – José María Fernández
    • Padre Casares – Manuel A. Espiñeira e Marta Piñeiro
    • Hai que mollarse – Xosé Antón Moure e Fran Velo
Mellor obra experimentalMellor documental
  • Manuscritos Pompeianos – Marcos Nine Búa
    • Canto de permanencia – Píxel Films e ASPG
    • (Des)ahógate – Egaci Producciones
    • Rural pretérito – Sonia e Miriam Albert Sobrino
  • Radiografía dun autor de tebeos – Setemedia, Marcos Nine Búa e Alicia Veira
    • Koruño, legado de Hércules – Érica Esmorís, Mandeo Records e Socialcine
    • Lira, reserva de vida na costa da morte – Servizos Audiovisuais Galegos, Saga TV e TVG
    • El mono Paco – Falso Orgullo Producciones Audiovisuales
Mellor serie de televisiónMellor programa de televisión
  • Land Rober – CTV
    • Conexións – Adivina Producións
    • Cultura 10 – CTV
    • Galegos no mundo – Portocabo
Mellor dirección de produciónMellor dirección artística
Mellor comunicador de televisiónMellor montaxe
Mellor música orixinalMellor son
  • 18 comidas – Carlos Mouriño, Diego S. Staub e Carlos García
    • Crebinsky – Diego S. Staub e Xavier Souto
    • Retornos – Branko Neskov, Rubén Piputto e Tiago Silva
    • Mar libre – Carlos García, David Machado e Diego S. Staub
Mellor fotografíaMellor maquillaxe e peiteado
  • Crebinsky – Susana Veira
    • Mar libre – Paloma Ucieda e Óscar Aramburu
    • Retornos – Raquel Fidalgo e Noé Montes
    • 18 comidas – Raquel Fidalgo
Mellor obra interactivaMellor produción de publicidade
  • Orgullosos do Galego. En galego proba e verás – Filmanova S.L.;
    • Cando un galego crece, toda Galicia crece – Congo Producciones
    • Spot Turgalicia – Lúa Filmes
    • Spot Xacobeo Lobelle – Píxel Films
Mellor curtametraxe de imaxe realMellor curtametraxe de animación
  • Xoel y los X-Men – ZircoZine, e The Big Bean
    • El grifo – Continental Producciones
    • Leo y Mario (se dejan) – Sonia Méndez e Oroboro Films
    • A residencia – Álex Sampayo e Guillermo Carbajo
  • Gato encerrado – María Helena Varela Sánchez e Silvina Cornillón
    • Checkout – Ficción Producciones e Audiovisual de Servicios Kairos
    • Cribba, o vampiro – Matriuska Producciones
Mellor deseño de vestiario

Premio de Honra Fernando Rey

Premio de Honra Chano Piñeiro

Predecesor:
8ª edición dos Premios Mestre Mateo
Premios Mestre Mateo
9ª edición dos Premios Mestre Mateo
Sucesor:
10ª edición dos Premios Mestre Mateo

Notas