Precisión e exactitude
En enxeñería, ciencia, industria e estatística, exactitude e precisión non son equivalentes. Exactitude é capacidade para achegarse á magnitude real e precisión é a capacidade de realizar medidas similares.
Unha analoxía útil
Varias medidas son como frechas disparadas cara a un obxectivo. A exactitude describe a proximidade das frechas ao centro do obxectivo. As frechas que impactaron máis preto do centro considéranse máis exactas. Máis preto están as medidas a un valor aceptado, máis exacto é un sistema.
A precisión, neste exemplo, é o tamaño do grupo de frechas, máis próximas estean as frechas que impactaron entre si, máis preciso será o sistema. Hai que notar que o feito de que as frechas estean moi próximas entre si é independente a que estean preto do obxectivo.
Cuantificando exactitude e precisión
Idealmente un instrumento é exacto e preciso con medidas todas próximas entre si e á vez, próximas ao valor desexado.
A exactitude e precisión do proceso de medida é establecido pola medida repetida dalgún estándar de unidade de referencia que sexa traceable.
A precisión é normalmente caracterizada en termos de desvío estándar das medidas.