Praza.gal

xornal dixital de Galicia
(Redirección desde «Praza Pública»)

Praza.gal[1] é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012[2]. Actualmente é o segundo diario dixital de información xeral en galego por audiencia, detrás de Galicia Confidencial[3].

praza.gal
O xornal da Galicia que vén
TipoDixital
Fundación1 de febreiro de 2012
Empresa editoraFundación Praza Pública
DirectorDavid Lombao
TendenciaProgresista
Linguagalego
ÁmbitoGalicia
Na rede
http://praza.gal/
Facebook: prazapublica Twitter: prazapublica Instagram: praza.gal Telegram: prazapublica Youtube: UCPT8yrs6YnIngJ_GrwOc7FQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Equipo de Praza.gal
Miguel Pardo

É editado pola Fundación Praza Pública, entidade sen ánimo de lucro declarada de interese público[4] e cuxo financiamento depende das achegas periódicas ou puntuais da cidadanía e da publicidade inserida no xornal. Foi presentado o 31 de xaneiro de 2012 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela expoñendo nese acto a base da súa liña editorial, a transparencia, tanto na xestión económica coma na informativa[2].

O xornal desenvólvese usando unicamente software libre e o 8 de febreiro do 2012 liberou todo o código fonte das ferramentas para a súa creación e soporte, algunhas delas desenvolvidas pola empresa galega A navalla suíza e outras xa existentes na rede.[5]

No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: Marcos Pérez Pena, David Lombao e máis Lara Graña. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista Miguel Pardo.

Difunde anualmente informes de transparencia sobre a súa situación organizativa, social, económica e de audiencia, mostrando os datos económicos desagregados por ingresos e gastos de cada mes.[6]

En decembro de 2018 lanzou a reformulación do seu deseño, coa creación dunha área privada para as socias e edicións locais das sete cidades. Nese momento tamén se estreou baixo a súa plataforma a revista dixital Vinte.

Redes sociais e comunidade

Pola licenza libre que usan, CC BY-SA, moitas das imaxes que publica poden reutilizarse, coma esta das protestas leiteiras do 2015.

Desde a súa creación, o diario Praza.gal apostou polas redes sociais. Así, en marzo de 2018 a súa comunidade ascendía a máis de 40.000 persoas entre Facebook, Twitter e YouTube. Na portada mantén a sección Fálase de..., dedicada a compartir mensaxes curtas de noticias de última hora, vídeos, fotografías ou noticias de medios asociados como eldiario.es, Nós televisión ou outros.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas