Príncipe Hisahito
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Nome orixinal | (ja) 悠仁親王 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de setembro de 2006 (17 anos) Aiiku Hospital, Xapón (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Relixión | Xintoísmo |
Educación | Fuzoku Yōchien (en) Ochanomizu University Elementary School (en) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata , escolar |
Lingua | Lingua xaponesa |
Outro | |
Título | Imperial prince (en) |
Familia | Casa Imperial do Japão (pt) |
Pais | Príncipe Akishino (pt) e Princesa Akishino (pt) |
Irmáns | Princesa Mako de Akishino (pt) e Princesa Kako de Akishino (pt) |
O Príncipe Hisahito (en xaponés 秋篠宮悠仁親王), nado o 6 de setembro do 2006 en Toquio, é un príncipe da casa imperial xaponesa. É fillo do príncipe Fumihito e da princesa Kiko. Foi o seu terceiro fillo e o primeiro home.
Naceu ás 8:27 da mañá (hora xaponesa) por cesárea, nunha clínica privada da capital xaponesa, logo dun laborioso embarazo que rematou dúas semanas antes do previsto. Pesou ao nacer 2.556 gramos. A súa nai, a princesa Kiko, doou o cordón umbilical ao banco xaponés de órganos, para o seu uso público.
Conforme as actuais leis de sucesión xaponesas, é o terceiro na liña de sucesión ao trono imperial do Xapón, logo do príncipe herdeiro Naruhito e de seu pai, o príncipe Fumihito. Porén, ben podería ser que as leis, que privilexian os homes por diante das mulleres no ascenso ao trono imperial, mudasen, e ascendese á xefatura de estado a princesa Toxi, filla de Naruhito e curmá de Hisahito. O anterior primeiro ministro, Junichiro Koizumi, foi un dos principais impulsores desa reforma constitucional.
O príncipe ten ademais dúas irmás máis vellas, a princesa Mako (nada o 23 de outubro de 1991) e mais a princesa Kako (nada o 29 de decembro de 1994). Hisahito foi o primeiro nado home en corenta anos da casa imperial xaponesa.
O nome de Hisahito significa calmo (Hisa) e virtuoso (hito). Esta segunda parte vén sendo tradicional nos nomes dos emperadores do trono do crisantemo.