Portal:Ópera

A ópera é un xénero dramático no que a historia se canta na súa maior parte. Para a súa elaboración precísase dun compositor/a así coma dun escritor/a, que recolle a historia no libreto, polo que se chama tamén libretista. L'Orfeo (1607) de Claudio Monteverdi, está considerada coma a primeira ópera da historia.

Para a súa representación precísase de cantantes para interpretar os personaxes e dunha orquestra, así coma todo o persoal necesario para calquera produción escénica, liderado polo director/a de escena.

Adoita comezar por unha abertura e estrutúrase en arias, recitativos, coros, dúos, tríos, cuartetos, fragmentos orquestrais...

Artigo destacado

editar

Tristan und Isolde (en galego, Tristán e Isolda) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner, baseado en boa parte no romance de Gottfried von Strassburg. Foi composta entre 1857 e 1859 e estreada en München o 10 de xuño de 1865 baixo a batuta de Hans von Bülow. Wagner non a chamaba ópera senón Eine Handlung (drama musical). Forma parte do Canon de Bayreuth.

A composición de Wagner de Tristan und Isolde foi inspirada pola súa aventura con Mathilde Wesendonck e a filosofía de Arthur Schopenhauer. Recoñecida amplamente como un dos cumios do seu repertorio operístico, Tristan und Isolde destaca polo uso avanzado que fai Wagner do cromatismo, a tonalidade, a cor orquestral e a suspensión harmónica. O primeiro acorde da ópera, chamado o «acorde de Tristán», considérase de grande importancia no desenvolvemento da harmonía tonal tradicional.

A ópera foi moi influente entre os compositores occidentais e serviu de inspiración a compositores como Gustav Mahler, Richard Strauss, Karol Szymanowski, Alban Berg ou Arnold Schoenberg. Moitos ven Tristan und Isolde como o comezo da fin da harmonía convencional e a tonalidade, e consideran que establece a base do movemento atonal característico do século XX.

Imaxe destacada

editar

Cartel orixinal de Cendrillon, obra de Émile Bertrand.
Vexa o artigo Jules Massenet.


Este mes

editar

Jenny Lind

  • 1 de xullo de 1995 – Powder Her Face, unha ópera de Thomas Adès e baseada na escandalosa vida de Margaret, Duquesa de Argyll, é estreada no Cheltenham Music Festival.
  • 5 de xullo de 1953 - Titta Ruffo, considerado un dos mellores barítonos italianos da súa xeración, morre en Florencia aos 76 anos.
  • 6 de xullo de 1845 – A soprano Ángela Peralta, unha figura destacada da vida operística do século XIX en México, nace en Cidade de México.
  • 11 de xullo de 1937 - George Gershwin, o compositor de Porgy and Bess, morre nos Ánxeles aos 38 anos.
  • 13 de xullo de 1924 – O tenor italiano Carlo Bergonzi, admirado polo seu timbre e o seu fraseo elegante, nace en Vidalenzo, preto de Parma.
  • 17 de xullo de 1852 – Salvadore Cammarano, que escribiu o libreto para a ópera de Donizetti Lucia di Lammermoor, morre no seu Nápoles natal aos 51 anos.
  • 22 de xullo de 1847 – A ópera de Verdi I masnadieri é estreada no Her Majesty's Theatre de Londres. A representación foi dirixida polo propio Verdi, con Jenny Lind (na imaxe) cantando o papel de Amalia.
  • 30 de xullo de 1793 – O Teatro Nacional de São Carlos de Lisboa, o principal teatro de ópera de Portugal, é inaugurado pola Raíña Maria I de Portugal.
Categorías
Biografía destacada

editar

Angela Gheorghiu (nome real Angela Burlacu), nada o 7 de setembro de 1965 en Adjud (Romanía), é unha soprano romanesa. Dende o seu debut profesional en 1990 na Opera Națională Română din Cluj-Napoca en 1990 ten interpretado os papeis principais de numerosas óperas na Metropolitan Opera de Nova York, a Royal Opera House de Londres, a Wiener Staatsoper de Viena, o Teatro alla Scala de Milán, e moitos outros teatros de ópera de Europa e os Estados Unidos. Ten unha abundante discografía, principalmente cos selos EMI Classics e Decca, e é especialmente coñecida polas súas interpretacións de óperas de Giacomo Puccini, se ben é considerada a raíz das súas interpretacións de La traviata de Giuseppe Verdi como unha das mellores Violetta do mundo.

Gheroghiu casou, cando aínda era estudante, co enxeñeiro hidráulico Andre Gheorghiu, de quen tomou o apelido e conservou logo de divorciarse del por consello da súa discográfica. Posteriormente coñeceu ao tenor francés, coa que contraeu matrimonio en 1996, divorciándose del en 2009.

Cita destacada

editar

Giuseppe Verdi. Portrait by Giovanni Boldini, 1886
Adoro a arte... cando estou só coas miñas notas, os latidos do meu corazón e as lágrimas caen, a miña emoción e pracer son inmensos.
Son destacado
Sabías que...

editar

Cartel da estrea de L'Europa riconosciuta.
  • ... L'Europa riconosciuta, de Antonio Salieri representouse por primeira vez na inauguración do Teatro alla Scala en 1778 e non se representou máis en máis de 200 anos?
  • ... La púrpura de la rosa é a primeira ópera coñecida escrita e representada no Continente americano?
  • ... a meirande parte das 90 obras escénicas compostas por Thomas Arne perdéronse probablemente destruídas no incendio do Covent Garden en 1808?


Artigos de calidade e bos


Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario

Wikiquote
Wikiquote

en Galicitas