Pobo lhotshampa

grupo étnico de Bután e o Nepal

Os lhotshampa ou lhotsampa (en nepalés: ल्होत्साम्पा; en dzongkha: ལྷོ་མཚམས་པ་; lho-mtshams-pa) son un grupo étnico heteroxéneo de Bután orixinario do Nepal. Os lhotshampa habitan no sur de Bután, e por iso son chamados coloquialmente como sureños. A comezos de 2007, moitos lhotshampas foron trasladados a terceiros países, como os Estados Unidos, o Canadá, Australia e o Reino Unido, así como países europeos. No presente, o número de lhotshampa do Nepal é significativamente menor ó dos Estados Unidos e outros países onde foron asentados.[2] Este pobo de orixe nepalesa comezou a asentarse en áreas inhabitadas do sur de Bután no século XIX.[3]

Pobo lhotshampa
Refuxiados lhotshampa no Nepal.
Poboación
Poboación total:
241 899[1]
Rexións principais:
Bután241 899
Aspectos culturais
LinguaNepalés e dzongkha
RelixiónHinduísmo e budismo
Grupos
relacionados
Bahun, khas e kirati

Notas

Véxase tamén

Outros artigos