Plasmodio

Para os protozoos produtores da malaria ver Plasmodium. Non confundir con plasmidio.

Un plasmodio é unha masa de protoplasma ameboide sen parede, multinucleada, que contén moitos núcleos diploides e é o resultado de moitas divisións celulares sen citocinese.[1]

O termo xeralmente se refire ao estadio alimenticio dos mofos mucosos (como os mixomicetos).[2] Pero o termo tamén pode utilizarse para referirse aos estadios multinucleados doutros organismos, nos seguintes casos:

  • Plasmodio merogonial e plasmodio esporogonial dos protozoos parasitos intracelulares do antigo subfilo dos Cnidospora (Microsporidios e Mixosporidios).
  • Plasmodios do xénero Plasmodium de protozoos do filo Apicomplexa causantes da malaria.
  • Protoplastos ameboides multinucleados e sen parede celular formados por fusión de células (sincitios) dalgunhas algas como por exemplo as Chlorarachniophyta.[3]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos