Placa pacífica
A placa pacífica é unha placa tectónica oceánica que abarca a maior parte do océano Pacífico. É a placa mais grande do planeta. Unha das súas principais características é o punto quente "cinto de lume" interior que deu orixe ás Illas Hawai e a numerosos volcáns.[1]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/43/Plates_tect2_gl.svg/300px-Plates_tect2_gl.svg.png)
Límites
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/Pacific_Plate_map-fr.png/300px-Pacific_Plate_map-fr.png)
As placas coas que limita son:
- Ó norte a placa norteamericana, coa que ten un converxente que forma a Fosa das Aleutianas e as Illas Aleutianas.
- Ó sur, a placa antártica, coa que ten unha beira diverxente.
- Ó leste, a placa do explorador, a placa Xoán de Fuca e a placa de Gorda na parte Norte; a Placa Norteamericana (ó longo da Falla de San Andrés) e a placa de Cocos no centro; ó Sur coa placa de Nazca. En todos estes casos trátase de beiras diverxentes.
- Ó oeste, a placa euroasiática, a placa filipina (en cuxa beira fórmase a Foxa das Marianas) e a placa indoaustraliana, coa que ten un límite xeralmente converxente, pero noutras partes é un bordo transformante, por exemplo á altura da Falla Alpina.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5