Pistoia Basket 2000

O Pistoia Basket 2000, actualmente coñecido como Giorgio Tesi Group Pistoia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Pistoia, Toscana. Fundado en 2000, actualmente compite na Serie A2 Basket, segunda categoría do baloncesto transalpino.

Giorgio Tesi Group Pistoia
Información xeral
LigaSerie A2
Fundación2000
Cores          Vermello, branco
PresidenteItalia Roberto Maltinti
AdestradorItalia Vincenzo Esposito
PatrocinadorGiorgio Tesi Group
Localización
CidadeItalia Pistoia, Italia
PavillónPalaCarrara
Capacidade3 916
Inauguración1988
pistoiabasket2000.com

Historia

O equipo nace como Libertas en tempos da posguerra, converténdose no Olimpia Basket Pistoia a mediados dos anos 1970. Acandan a Serie B en 1984, a Serie A2 en 1987 e finalmente a A1 en 1992,[1] chegando a participar na Copa Korać en 1997, onde chegaron aos oitavos de final. No ano 2000, tras non poder manterse por motivos económicos, o club reconstrúese partindo das categorías inferiores, coa nova denominación de Pistoia Basket 2000. Disputan a Serie B até 2007, cando logran o ascenso á Legadue, a vella segunda división italiana. En 2013, tras finalizar segundos na liga regular e gañar os play-off, os pistoiesi lograron o ascenso á Serie A.

Patrocinadores

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Cassa di Risparmio Pistoia (2002–2005)
  • Associazione Vivaisti Pistoiesi (2005–2006)
  • Power Dry Pistoia (2006–2007)
  • Carmatic Pistoia (2007–2010)
  • Tuscany Pistoia (2010–2011)
  • Giorgio Tesi Group Pistoia (2011–2016)
  • The Flexx Pistoia (2016–2018)
  • OriOra Pistoia (2018–2020)
  • Giorgio Tesi Group Pistoia (2020–presente)

Temporada a temporada

TemporadaNivelLigaPos.PlayoffEuropa
2010–112LegaDue8
2011–122LegaDue2Campión
2012–132LegaDue2Subcampión
2013–141Serie A8Cuartofinalista
2014–151Serie A9
2015–161Serie A6Cuartofinalista
2016–171Serie A7Cuartofinalista
2017–181Serie A13
2018–191Serie A15
2019–201Serie A15
2020–211Serie A216Cuartofinalista

Palmarés

Competicións domésticas

  • Segunda División de Italia
    • Campións (1): 2013

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas