Pinta (carabela)
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Pinta | |
---|---|
Réplica da Pinta en Baiona. | |
Historial | ![]() |
Estaleiro | Palos de la Frontera |
Tipo | Carabela |
Características xerais | |
Desprazamento | 115,59 toneladas |
Eslora | Incluídos paus: 29,40 metros máxima do casco: 22,75 m entre perpendiculares: 20,40 m flotación (carga máx): 20,30 m de quilla: 16,12 m. |
Manga | 6,60 metros |
Puntal | 2,21 m |
Calado | Correspondente: 1.91 m de proa: 1,51 m de popa: 1,71 m. |
Propulsión | vela |
Velocidade | 12 nós |
Tripulación | 25 homes |
A Pinta, construída en 1441, foi unha das dúas carabelas que usou Cristovo Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo en 1492. A segunda foi a Niña. A terceira embarcación foi a Santa María, que en realidade era unha nao e non unha carabela, e que era a nave capitá (o navío que dirixía a expedición ao ir nel Cristovo Colón).
A Pinta era propiedade de Cristóbal Quintero[1] e Gómez Rascón.
O seu nome fixo pensar a algúns historiadores que pertencía á familia Pinto, porén en realidade foi alugada aos armadores Gómez Rascón e Cristóbal Quintero, que foron nela ás Américas coma mariñeiros, polo que probabelmente o seu verdadeiro nome fose "La Pintá". Era unha carabela nórdica de velas cadradas cun velame moi sinxelo. Os paus de trinquete e maior ían aparellados cunha vela cadrada de grandes dimensións, mentres que o pau de popa, chamado de mesana, portaba unha vela latina.
A Pinta era moi veleira, de tal xeito que, o 8 de outubro, na loita por arribar os primeiros á descuberta das novas terras, acadou unha velocidade de 15 millas por hora, unha milla da época equivale a 0,8 millas náuticas actuais, polo que a súa velocidade sería dunhas 12 millas por hora.[2] O mariñeiro Rodrigo de Triana, quen avistou por vez primeira a terra do Novo Mundo, o 12 de outubro, viaxaba nesta carabela. Unha listaxe de tripulantes das máis completas pode ser:[3]
Tripulación da Carabela Pinta |
---|
1.- Martín Alonso Pinzón, capitán, (Palos) |
A Pinta, afastada da expedición por unha tempestade na viaxe de retorno foi a primeira en acadar un porto europeo xa que o 1º de marzo de 1493 arribou a Baiona, en Galicia.
Dende que foi declarada festa local oficial en 1974, celébrase anualmente a Festa da Arribada na vila de Baiona, recreando un mercado medieval e teatralizando a chegada da embarcación.
Existen dúas réplicas da carabela: