Pinkwashing

instrumentalización das persoas e dereitos LGBTI

Pinkwashing (lavado rosa ou lavado de imaxe rosa) é un préstamo lingüístico (do inglés pink, rosa, e whitewash, blanquear ou encubrir) para referirse, no contexto dos dereitos LGTB, á variedade de estratexias políticas e de mercadotecnia dirixidas á fomento de produtos, empresas ou institucións apelando á súa amabilidade cara aos gais.[1][2]

A expresión é especialmente usada para referirse ao lavado de imaxe do Estado de Israel que, promovendo á súa poboación LGTBI, disfraza a violación sistemática dos Dereitos Humanos da poboación palestina.[3][4] A través de proxectar a aparencia de ser un territorio simpatizante LGTB, a poboación LGTBI pode chegar a sentirse identificada coas posicións políticas do Estado (homonacionalismo), participar da islamofobia institucionalizada ao considerar que a poboación musulmá é necesariamente homófoba ou obviar a discriminación sufrida no seu propio país.[5][6]

O termo foi orixinalmente proposto pola Breast Cancer Action para identificar ás empresas que aseguraban apoiar ás mulleres con cancro de mama, mentres que en realidade pretendían obter maiores beneficios e mellorar a súa imaxe de marca ao incorporar á súa publicidade unha causa caritativa.[7][8]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos