Pilates

disciplina física

O pilates (tamén chamado de método pilates) é unha disciplina física e mental que se centra en traballar os músculos posturais máis internos, dedicándolle unha atención especial á respiración e ao aliñamento, co fin de reeducar o corpo e facelo cada vez máis equilibrado, forte e flexíbel[1].

Muller praticando pilates.

O método foi desenvolvido por Joseph Pilates na década de 1920.[2] A maioría dos exercicios execútanse coa persoa deitada.[2] Actualmente recoñécese coma unha técnica para o tratamento e prevención de problemas na columna vertebral.[3]  Un Centro ou Estudio de Pilates é normalmente o local onde se practica pilates no chan (Mat Work) e/ou sobre grandes e pequenos aparellos. O aparello máis coñecido de todos é o Reformer. Eventualmente un centro completo de pilates inclúe aparellos coma o Cadillac, Wunda Chair, High "Electric" Chair, Spine Corrector, Ladder Barrel e Pedi-Pole.

Notas

Véxase tamén

Artigos relacionados