Picos de Europa

Os Picos de Europa é unha formación montañosa da Cordilleira Cantábrica, ao norte da Península Ibérica, entre Asturias, Castela e León e Cantabria. Está constituída por rocha calcaria carbonífera pregada antes do choque da Península Ibérica coa placa africana. De valor paisaxístico importante, posúe numerosos endemismos. A formación está dentro dos límites do Parque Nacional dos Picos de Europa.

Pico Urriellu, nos Picos de Europa

Macizos

Nos Picos de Europa distínguense tres macizos montañosos:

Datos xeográficos

Peña Ventosa na Liébana

Entre o macizo oriental e o central, sitúase a Garganta do CaresOs Picos de Europa atópanse situados no bordo setentrional da Península, moi preto das costas de Llanes, en Asturias. Esta comunidade e a de Cantabria e mais León, son as que teñen a competencia administrativa no territorio ocupado por este pequeno núcleo montañoso. As súas dimensións aproximadas son de 40 km de longo (L-O) por 20 km de largo (N-S) cunha superficie duns 502 km².

Xeograficamente, os Picos de Europa forman parte do Cordal Cantábrico, pero tanto os estudosos da zona coma os montañeiros os consideraron dende sempre coma unha unidade independente. Os seus trazos orográficos diferéncianos claramente do resto do cordal. Están separados do eixo principal da mesma ata o norte por dous altos outeiros, Panderruedas e o Caben de Remoña, polo que os seus ríos atravesan ou rodean o conxunto para ir desembocar no mar Cantábrico.

Son precisamente os ríos os que delimitan e dividen os Picos de Europa en tres macizos que se aliñan paralelamente á costa, entre esta e o Cordal Cantábrico. Estes son o Macizo Occidental ou Cornión, o Macizo Central ou Los Urrieles e o Macizo Oriental, Andara ou Ándara.

O río Sella constitúe o límite occidental do Cornión e dos Picos en xeral. Nace en Sajambre e tras percorrer o Desfiladeiro de los Beyos, alcanza Cangas de Onís, onde recolle as augas do Güeña, o cal delimita o Macizo Occidental polo norte.

O río Cares separa os Macizos Occidental e Central. Ten a súa orixe en Valdeón e atravesa literalmente os Picos ata Puente Poncebos, onde recibe ao Duje. Este último vén arrodeando o Macizo Central dende as altas praderías de Áliva, entre os Macizos Central e Oriental.

Finalmente, o río Deva establece o límite sur do Macizo Oriental e o leste de tódolos Picos. Nace en Fuente Dé, ao sur do Macizo Central, efectúa un largo percorrido cara ao leste ao longo de Valdebaró, pasa por Potes e desvíase cara ao norte para percorrer o Desfiladero de la Hermida ata Panes. Alí, recolle o Cares, que vén de Arenas de Cabrales polo límite norte do Macizo Oriental.

A maioría dos cursos fluviais que percorren os Picos de Europa, fano polo fondo de angostas gorxas. A máis bela entre todas é a do Cares, pola que discorre unha das rutas excursionistas máis populares do Cordal Cantábrico.

En canto ao relevo, o Macizo Central é o máis esgrevio e no que se atopan as maiores altitudes. A Torre de Cerredo, ou Torrecerredo, cos seus 2.648 m, é o cume máis alto dos Picos de Europa e de todo o cordal. Neste macizo tamén se atopan outros cumios de importancia, coma o coñecido Naranjo de Bulnes (Picu Urriellu), de 2.519 m, ou o Picu Tesorero, de 2.570 m, centro xeográfico dos Picos e punto no que coinciden os límites das comunidades de Asturias, Cantabria e Castela e León.

O Macizo Occidental é o segundo en importancia. Aínda que menos elevado có Central (o seu punto culminante é Peña Santa de Castilla, de 2.596 m), é porén máis extenso. Nel atópanse os Lagos de Covadonga e o seu medio monte posúe grandes atractivos para o excursionismo.

Para rematar, o Macizo Oriental é o máis modesto dos tres. A súa máxima altura atópase no cumio da Morra de Lechugales, de 2.444 m de altitude.

Táboa Resumo dos Cumios dos Picos de Europa
Macizo OccidentalMacizo CentralMacizo Oriental
PicoAltura
Peña Santa2.596 m
Torre Santa de Enol2.486 m
Torre de Enmedio2.467 m
Aguja José de Prado2.463 m
Torre de la Horcada2.455 m
Torre del Torco2.452 m
Torre de Cebolleda III2.445 m
Aguja Alpino2.438 m
Aguja de Juan Menéndez2.435 m
Aguja Cimadevilla2.432 m
Aguja Jovellanos2.430 m
Torre de las Tres Marías I2.420 m
Torre de Cebolleda II2.420 m
Torre de las Tres Marías II2.417 m
Porro del Torco2.415 m
Torre Bermeja2.400 m
Torre del Alba2.393 m
Aguja de Gua2.386 m
Torre de Cebolleda I2.380 m
Aguja de Enol2.362 m
PicoAltura
Torrecerredo2.648 m
Torre del Llambrión2.642 m
Torre del Tiro Tirso2.641 m
Torre sin Nombre2.638 m
Torre Casiano de Prado2.622 m
Torre Llastria2.621 m
Peña Vieja2.619 m
Torre Blanca2.617 m
Torre de la Palanca2.614 m
Torre de Peñalara2.607 m
Torre Bermeja2.606 m
Torre del Hoyo Grande2.602 m
Torre del Tiro Navarro I2.602 m
Pico de Santa Ana I2.601 m
Pico de Santa Ana II2.596 m
Torre del Tiro Navarro II2.596 m
Torre de las Minas del Carbón2.595 m
Torre de Coello2.584 m
Torre del Tiro del Oso2.576 m
Los Campanarios II2.572 m
Torre de la Párdida2.572 m
Pico Tesorero2.570 m
Los Campanarios I2.569 m
Los Campanarios III2.568 m
Torre del Tiro Llago2.567 m
Risco Saint Saud2.560 m
Neverón de Urriellu2.559 m
La Morra2.554 m
Pico de los Cabrones2.552 m
Los Campanarios IV2.543 m
Torre de Labrouche2.524 m
Pico de Boada2.523 m
Aguja de la Canalona2.519 m
Pico Urriellu2.519 m
Pico Arenizas II2.515 m
Pico Madejuno2.513 m
Torre de los Horcados Rojos2.506 m
Pico Arenizas I2.504 m
Pico Arenizas III2.499 m
Aguja de los Cabrones I2.493 m
PicoAltura
Morra de Lechugales2.444 m
Silla del Caballo Cimero2.436 m
Pica del Jierru2.424 m
Pico Cortés2.373 m
Pico del grajal de Arriba2.349 m
Silla del Caballo Cimero2.339 m
Prao Cortés2.288 m
La Rasa de la Inagotable2.284 m
Cuetu La Junciana2.267 m
Valdomingueru2.265 m
Torre Santa de Enol, no Macizo Occidental (2.486 m).
Torrecerredo, no Macizo Central (2.648 m).
A piramidal Peña Castil (2.444 m), no Macizo Central.
A Torre de Santa María (2.476 m).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas