Período Ubaid

Periodo de El Obeid ou El Ubaid son as denominacións historiográficas dun período protohistórico de Mesopotamia.

Cultura de El Obeid ou El Ubaid 5000 a.C.–3800 a.C., Baixa Mesopotamia.

Tell el-Obeid ou el-Ubaid son transcricións ao alfabeto latino do topónimo árabe que corresponde arqueoloxicamente a un asentamento da Baixa Mesopotamia, cuxa cultura material, identificada na súa extensión por unha grande área do Antigo Oriente Próximo, coñécese como cultura El Obeid.[1] Esta cultura considérase a primeira etapa da civilización sumeria, mantendose descoñecida a orixe real dos sumerios como pobo.

O "Tel" que identifica este sitio arqueolóxico está situado a pouca distancia ao oeste da antiga cidade de Ur.

Historia

Os primeiros testemuños desta cultura datáronse cara ao 5000 a.C., acadando o seu maior desenvolvemento cara ao 4500 a.C.. Ao redor do 4000 a.C. está moi estendido en gran parte do Oriente Medio, estendendose esta unidade cultural ata o 3700 a.C. aproximadamente.[1] O comezo desta etapa coincide aproximadamente coa entrada na rexión dos nómades desde as montañas Zagros.[2]

Arqueoloxicamente, o período Obeid divídese en catro subperíodos. Segundo a escola de Lión, cada un deles corresponde a un dos períodos da historia do Oriente Medio,[3] a partir de Obeid I no "período 6" e o Obeid IV no "período 9".[4]

Escola de LiónDatasSubdivisión
Período 65600 a.C.–5000 a.C.Obeid I
Período 75000 a.C.–4500 a.C.Obeid II
Período 84500 a.C.–4100 a.C.Obeid III
Período 94100 a.C.–3700 a.C.Obeid IV

Tecnoloxía

Durante o período El Obeid, a agricultura avanzou grazas ao control das augas superficiais, a través de técnicas de rego baseadas en canais.[5] Este desenvolvemento permitiu que a agricultura florecera en novas áreas de Mesopotamia.[1]

A olería deste período desenvolveuse a través dalgúns trazos moi característicos, moi diferentes aos da cultura Halaf anterior, pasta verdosa con engobe claro, cuncas, pratos e xerras pequenas como elementos máis prolíficos e decoración xeométrica sobre fondo claro. As formas cerámicas evolucionan, paredes cerámicas máis finas, a aparencia dos "vasos de tartaruga", xerras máis grandes agora equipadas con tiradores e incluso botellas con pescozos longos.[6] A expansión desta olería por toda a conca de Mesopotamia ata o Mediterráneo é un sinal do impulso que experimentou a cultura de El Obeid.[1]

Tiña cerámica de torno pulimentada e avanzaron na metalurxia, atopáronse moldes e unha especialización artesanal en estampado de cobre. Os metais procedían do Cáucaso.

É a primeira cultura na que se detectou o desenvolvemento de símbolos documentais identificables de cada persoa, placas de arxila con incisións. Máis tarde estas identificacións evolucionaron ata os selos cilíndricos que se colgaban do pescozo e que incorporarán inscricións de escritura coa aparición da escrita cuneiforme. A ausencia de pedras duras na zona implicou a necesidade de comercio a longa distancia para contar con material para tallalas.

Relixión

No período Obeid atópanse os primeiros restos de edificios relixiosos integrados nas cidades (templos).[7] Inicialmente foron en forma de socalcos, edificios rectangulares e tellados planos. Estas construcións son a orixe dos cigurats, formados pola superposición de varios socalcos de anchura decrecente.[7] Os seus templos eran de proporcións maiores que os de Eridu, superando os 12 metros cadrados.

Os enxovais funerarios, destacan polas súas figuras con cabezas de serpe, características do culto á Deusa nai.

Entre os mitos desta cultura, destacará o de Inanna ou Ishtar.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Cultura Halaf
Historia de Mesopotamia

Alta Mesopotamia
Períodos 7-9
5000 a.C.–3800 a.C.

Sucesor:
Período de Uruk
Predecesor:
Eridu
Historia de Mesopotamia

Baixa Mesopotamia
Períodos 7-9
5000 a. C.–3800 a. C.

Sucesor:
Período de Uruk

46°05′L / 30.967, -46.083